Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

MARISA GONZÁLEZ. REXISTROS DOMESTICADOS

Comisario/a: Rocío de la Villa

Artista: Marisa González

15 abril – 19 xuño 2016

Rexistros domesticados é un proxecto que pretende mostrar a unidade de fondo nas motivacións temáticas, técnicas e formais, ao longo de corenta e cinto anos de traxectoria da artista. Organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Artes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a exposición foi presentada no espazo Tabacalera Promoción del Arte en Madrid a comezos de 2015.

A mostra presenta o desenvolvemento coherente das motivacións de Marisa González e a súa procura de solucións para responder a problemas das sociedades actuais en diálogo coa reflexión permanente sobre o que é a arte e sobre o papel que pode desempeñar no mundo contemporáneo.

A mostra reúne unha serie de traballos colaborativos, inéditos até agora en España e realizados durante a etapa formativa de Marisa González en Estados Unidos, canda outros que abordan o recordo autobiográfico como un xeito de reivindicar a memoria colectiva dos procesos laborais e de produción fabril, ou a cuestión das desigualdades políticas, económicas, produtivas e laborais que se testemuñan nos rexistros da vida cotiá no emerxente sureste asiático.

Na revisión realizada nas salas do CGAC será capital o bloque denominado Sistemas generativos (1971-1973) e outros traballos asociados xa dentro da década dos noventa. Nesta parte do proxecto exhíbense obras de diversos soportes en estreita vinculación coa copy-art, a fotografía, as estratexias conceptuais ou o feminismo. Outro bloque destacado, Arqueología industrial, abrangue traballos como Fábrica (2000) e Nuclear Lemoniz (2003-2006) que inclúen instalacións objetuales e vídeos. A exposición contará, ademais, coa instalación Estación Fax (1993) e un dos seus últimos traballos videográficos Ellas filipinas (2010-2014), sobre as emigrantes filipinas en Hong-Kong.


Actividade dentro do programa da Bienal Miradas de Mujeres 2016 organizada por MAV




Folleto da exposición

Audio da conferencia [castelán] (Marisa González e Rocío de la Villa, 15 de abril de 2016)

Audio da presentación e debate de Ellas filipinas [castelán] (Marisa González, Menene Gras e Anxela Caramés, 26 de maio de 2016)

Identidade. Taller con Marisa González

Novas relacionadas

Programa Metrópolis (La 2, TVE) Emisión: 3 de abril de 2016
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal