Comisario/a: RMS La Asociación
Artista: varios
15 xaneiro - 21 marzo 2010
A definición máis común de dandismo só fai referencia ao bo gusto, comomoito sumado a unha certa excentricidade precursora de novos estilos.Pero os dandis do século dezanove foron moito máis e sobreviviron atéos nosos días a través do mito, convertidos en personaxes de novela een motivos de tratados e ensaios, e tamén a través de certasestratexias que foron asumidas coas vangardas e son perceptibles naobra de moitos artistas contemporáneos.
A narración daexposición articúlase a través de tres figuras paradigmáticas parasalientar as achegas de cada un —George Bryan Brummell, CharlesBaudelaire e Oscar Wilde— a esta peculiar xenealoxía do dandismo. Amesurada actitude do dandi brummelliano é a necesaria afirmación do eucomo única verdade demostrable, o que converte o resto nunha realidadeconstruída, maleable ao gusto daquel disposto a facelo. O baudelairianoconstrúe un mundo melancólico, “o último fulgor nas decadencias”,decadente en si mesmo, demostrándose único manipulando os principios daincipiente democracia homoxeneizadora. O dandi wildeano é a icona da modernidade, aquel que vincula a identidade á manipulación ambigua ouexcesiva da aparencia e que dotará o termo das connotacións con quechega ao século vinte, o da celebridade e o glamour.
O dandismo é principalmente unha actitude, onde a aparencia é só a exteriorizacióndunha disposición social, política e tamén moral, que reflicte avontade de resistencia do individuo dentro da sociedade.