Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

LUGAR: CONTINXENCIAS DE USO

Comisario/a: Susana González

Artista: Patricia Esquivias, Luciana Lamothe & Sofía Táboas

22 xuño - 29 outubro 2017

Lugar: continxencias de uso constitúe un achegamento á significación existencial do espazo arquitectónico. O proxecto mostra obras site-specific das artistas Patricia Esquivias, Luciana Lamothe e Sofía Táboas producidas para distintas localizacións do edificio de Álvaro Siza. A orixe das súas propostas desenvólvese no ámbito da cidade contemporánea e a arquitectura, á vez que teñen como denominador común a promoción de actos que interpelan contornas arquitectónicas concretas. Os seus traballos falan do tectónico, da morfoloxía dos materiais aos elementos construtivos; da dimensión histórica e simbólica á perceptiva e cognitiva, que é en último termo o fin que xustifica a construción espacial e polo tanto a arquitectura.

Visitas guiadas á exposición por Susana González (comisaria da mostra) e/ou Santiago Olmo (director do centro) ás 12 horas os días 27 de xullo e 3, 10, 24 e 31 de agosto. Entrada libre. Non é preciso apuntarse previamente.


Vídeo presentación

Folleto da exposición

Novas relacionadas

Recursos bibliográficos

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal