Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
SEGUINTE

BAÑISTAS. FOTOGRAFÍAS ATOPADAS, 1880-1963

Comisario/a: ----------------------

Artista: Xosé Manuel Buxán Bran

2 xuño - 21 novembro 2017

Bañistas está constituído por un amplo conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.

Este proxecto expositivo enmárcase nesa vía de traballo amplamente desenvolvida internacionalemente (pero aínda practicamente descoñecida en España), na que ese material fotográfico democrático, anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nun artefacto cultural, nunha produción artística, nun proxecto expositivo e editorial. E iso todo é xustamente o que pretende ser Bañistas.

Xosé Manuel Buxán Bran, profesor titular da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, actúa neste caso como unha mestura de coleccionista, creador, comisario, investigador académico e exhumador dun material disperso e a piques de desaparecer, como son as fotografías atopadas, as cales, malia seren de uso común, deveñen extraordinarias polo sentido e significado co que as dota este autor/compilador.


Folleto da exposición

Novas relacionadas

Recursos bibliográficos

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal