Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

COLECCIÓN CGAC / MODELO X ARMAR

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: varios

10 novembro 2017 - xaneiro 2018

Parafraseando o título de, se cadra, a novela máis experimental de Xulio Cortázar, 62/Modelo para armar, abórdase a colección como un modelo por construír, como unha tarefa imprescindible pero pendente, e sempre en proceso, para un museo. A mostra propón e contrapón tentativamente varios modelos de enfoque narrativo e histórico, entre a colisión e o diálogo, en forma dunha aproximación crítica.

A exposición coincide e acompaña  ao seminario Novas Narrativas na Historia de Arte Contemporánea, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrará no CGAC entre o 24 e o 25 de novembro 2017. Nel abordaranse distintas maneiras de enfocar a historia.  A colección do CGAC é unha ferramenta indispensable para construír historia e, especificamente, unha historia contemporánea de Galicia, desde unha consistente sección, a da arte feita en Galicia.


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal