Comisario/a:
Artista: Mieke Bal & Michelle Williams Gamaker
25 novembro 2017 - 4 febrero 2018
Co texto clásico de Gustave Flaubert como punto de partida, esta instalación multipantalla de Mieke Bal e Michele Williams Gamaker, na que se reflicten os lazos que ligan o capitalismo e o amor romántico, é unha revisión da famosa novela do século XIX e foi gravada en Åland, Finlandia, durante o verán de 2012, e en París, Francia, no inverno do 2013.
Na instalación, conxúganse os talentos dos actores e actrices Marja Skaffari, Thomas Germaine e Mathieu Montanier cos de moitos outros. Mediante a intertextualidade e o recurso a un anacronismo deliberado, a obra tenta mostrar como Flaubert foi, desde moitos puntos de vista, un posmodernista e un feminista. Explora tamén ata que punto as ideoloxías dominantes —en concreto, o capitalismo e a súa relación cos sentimentos, e o amor romántico, coas súas facetas mercantís— seguen prevalecendo ao cabo de 150 anos.
A instalación Madame B. ofrece unha interpretación radicalmente nova do texto, chea dun poderoso simbolismo que reforza esta relectura. Deste xeito, cuestiona visualmente o papel da muller nunha sociedade dirixida polos impulsos masculinos. As pezas da instalación exploran diversos formatos visuais e demostran como estes tamén poden, por si mesmos, crear unha experiencia inmersiva.
Mieke Bal and Michelle Williams Gamaker