Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

CARLOS GARAICOA. EL PALACIO DE LAS TRES HISTORIAS

Comisario/a: Claudia Gioia

Artista: Carlos Garaicoa

23 marzo - 1 xullo 2018

Carlos Garaicoa (A Habana, 1967) observa a cidade, as arquitecturas e os soños latentes, os xa abandonados e os aínda realizables; le os seus argumentos, agravios e recordos imborrables logo, con creatividade incansable, traza outras perspectivas, enxerta pretérito e futuro, debuxa novas liñas de fuga e busca o común e a multitude como suxeitos dun incesante transformarse noutra cousa.

Así como A Habana constituíra un punto de partida para indagar no sentido e as posibilidades dun momento da vida social, de igual modo as cidades e a historia europea  convértense en metáfora da contemporaneidade a través das palabras, as imaxes e a historia de utopías económicas, políticas e culturais que se fixeron tecido conxuntivo, rostro urbano, subxectividade, ata desaparecer, transformárense e declinar cara algo que aínda está por dilucidar.

El palacio de las tres historias arranca desde a cidade de Turín e detense nos diferentes impulsos que caracterizan a súa historia —o industrial, o racionalista e o da reutilización de edificios abandonados— para transcender de golpe a especificidade da historia italiana e converterse nun relato xeral do século XX, dos resultados e as expectativas arredor de novas posibilidades. Procedente da Fondazione Merz de Turín, o proxecto de Carlos Garaicoa chega ao CGAC de Santiago de Compostela nun continuo narrativo onde a palabra é antirretórica, a imaxe proxección de futuro e a arquitectura argumento social a despeito de toda simboloxía do poder.

Folleto da exposición

Vídeo presentación (Carlos Garaicoa, Claudia Gioia, Santiago Olmo)

Audio da conversa co público

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal