Comisario/a: Gianfranco Maraniello
Artista: Gilberto Zorio
16 abril - 27 xuño 2010
Os traballos presentados exploran os diferentes temas que caracterizan desde sempre a obra de Zorio e cobren de maneira exhaustiva un lapso temporal que vai desde 1966 até 2010. As pezas seleccionadas serven de catalizadores de reflexións e discursos acerca da súa mesma praxe, superan a simple reconstrución cronológica e, por explícita vontade do artista, póñense en relación dialéctica unhas coas outras.
A exposición destaca por incluír unha ampla selección de traballos que pocas veces foron reunidos nun único espazo museístico, así como polas súas espectaculares, máxicas instalacións, en que a arte de Zorio non se limita a ser pasivamente visible, senón que interactúa co contexto mesmo do museo.