Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado 

Durante o nadal, o CGAC permanecerá pechado os seguintes días:
25 de decembro
1 e 6 de xaneiro



Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

NICOLÁS COMBARRO. FORMA, ACCIÓN

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Nicolás Combarro

20 xullo - 7 outubro 2018

Nicolás Combarro (A Coruña, 1979) pertence a unha nova tipoloxía de artista que traballa coa fotografía. Na súa obra, centrada na arquitectura e na idea de construción, conviven, retroalimentándose, a práctica da documentación e a intervención, entendida esta última como acción no espazo e na paisaxe.

O seu traballo como profesor ou como comisario de exposicións, cun fotógrafo como Alberto García-Alix e un pintor como Miguel Ángel Campano, permitiulle desenvolver un rigor e unha versatilidade plástica determinantes para a súa mirada.

Nun texto recente, Combarro confirma esta vinculación da súa obra co espazo e a arquitectura: “Desde o primeiro xesto de modificación da paisaxe estamos a acometer unha forma de construción. Así pois, todos temos a capacidade de edificar e, por tanto, todos somos construtores. O meu traballo aliméntase desa vontade ou necesidade de construír, de maneira espontánea, onde se dá vehículo ás nosas influencias, gustos, necesidades, que son plasmados na arquitectura”.

A súa exposición no CGAC reúne algunhas das súas series máis recentes, Arquitectura oculta, Bangkok e Arquitectura espontánea, esta última resultado dun uso calibrado do propio arquivo e de observacións sistemáticas sobre edificacións sen autor ou populares. Ademais a exposición inclúe unha reinterpretación do espazo concibido polo arquitecto portugués Álvaro Siza Vieira mediante fotografías de proxeccións que se integran na súa serie Desvelar, desplazar (Desvelar, desprazar).

Este proxecto, centrado na idea de arquitectura, insérese no programa anual de revisión de artistas de media carreira de Galicia que leva a cabo o CGAC desde o ano 2016.

Folleto da exposición

Vídeo da presentación (Nicolás Combarro / Santiago Olmo)

 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal