Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado 

Durante o nadal, o CGAC permanecerá pechado os seguintes días:
24 e 25 de decembro
1 e 6 de xaneiro






Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

BLEDA Y ROSA: XEOGRAFÍA DO TEMPO

Comisario/a: Nuria Enguita

Artista: Bleda y Rosa

19 outubro 2018 - 20 xaneiro 2019

 Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) articulándoo arredor da serie Campos de batalla: un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez. A mostra ábrese con Campos de fútbol (1992-1995), o primeiro proxecto que obtivo recoñecemento público, unha serie que, establecendo unha dialéctica entre lugar, tempo e memoria, anuncia os eixes conceptuais arredor dos que posteriormente xirará o seu traballo. A exposición complétase con obras pertencentes ás series Origen (2003-) e Prontuario. Notas en torno a la guerra y la revolución (2011-).

Bleda y Rosa, que recibiron en 2008 o Premio Nacional de Fotografía outorgado polo Ministerio de Cultura de España, son unha das referencias máis destacadas da fotografía española contemporánea. O seu traballo propón, desde unha excelente factura formal, unha interrogación crítica sobre as imaxe e a historia, sobre a relación entre o pasado e o presente, e sobre os discursos e visións que atravesa esa relación.

Organizan: Bombas Gens Centre d’Art, Museo Universidad de Navarra, Centro Galego de Arte Contemporánea

Folleto da exposición 

Vídeo de presentación (María Bleda, José María Rosa y Santiago Olmo)


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal