Comisario/a: Santiago Olmo
Artista: Javier Riera
27 setembro - 25 novembro 2018
O traballo de Javier Riera baséase en proxeccións de luz de forma xeométrica, realizadas directamente sobre a vexetación e a paisaxe. Utiliza a fotografía como medio de rexistro e difusión do sucedido, sen manipulala dixitalmente. Céntrase, por tanto, nunha experiencia de intervención real sobre o espazo e o tempo da paisaxe, que o aproxima ás propostas do land art.
A relación entre xeometría e natureza adquire neste traballo un carácter meditativo, apelando a unha convivencia do público co poder de suxestión da modificación da paisaxe á que asiste, que aspira a ampliar a súa percepción, tendendo pontes cara a calidades e dimensións ocultas dos espazos nos que se produce. Riera entende a xeometría como unha linguaxe natural anterior á materia, capaz de establecer con ela un tipo de resonancia sutil e reveladora.
Video de presentación (Javier Riera - Santiago Olmo)