Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado 

Durante o nadal, o CGAC permanecerá pechado os seguintes días:
25 de decembro
1 e 6 de xaneiro



Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss

MIRADA PAÍS

Comisario/a: Alberto Carton

Artista: Manuel Eirís, Rubén Ramos Balsa, Carme Nogueira, Pamen Pereira

4 - 20 decembro 2018

Con motivo do ciclo Mirada país, que acollen o CGAI (A Coruña) e o CGAC (Santiago de Compostela) entre o 6 de novembro e o 20 de decembro, o museo presenta, en formato exposición, unha selección de pezas pertencentes á súa colección, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos, que completan as películas proxectadas nas sesións. Coidamos que, precisamente, o indicador cronolóxico permite unha relación entre a historia particular de cada artista e a historia intermediaria (a historia-tempo, que foi o seu agora e está a ser o seu agora), en que as escollas —obras de referencia e transcendencia icónica, obras de resistencia e insistencia— describen non só as súas afinidades ou disonancias creativas e as súas formalizacións, senón tamén a aceptación do medio audiovisual como sistema narrativo en que as ferramentas e dispositivos tecnolóxicos reforzan a sincronía coas linguaxes da imaxe e co seu uso descritivo, canda as mutacións de significados e a súa capacidade de se adaptar ás novas estruturas de comunicación. 

 

 

 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal