Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

MAX DE ESTEBAN. 20 RED LIGHTS

Comisario/a: Diana Padrón

Artista: Max de Esteban

28 xuño - 29 setembro 2019

O proxecto 20 Red Lights é un ensaio político, que desvela as implicacións da financialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal, un tema de suma importancia no contexto da nosa cultura global que merece unha reflexión rigorosa desde a arte.

As tecnoloxías dixitais condúcennos cara a unha profunda e acelerada transformación do noso mundo. Os Rolling Stones reflectiron esta deriva precipitada da sociedade globalizada nunha das súas cancións: é a fe a que debería salvarnos das nosas temerarias decisións. Cruzar vinte semáforos en vermello sobre a única base da fe é precisamente a lóxica que subxace no actual modelo de finanzas. As finanzas son a tecnoloxía que determina as fronteiras da investigación, a innovación e o investimento e son, xa que logo, o ámbito apropiado, necesario e urxente para profundar nunha avaliación crítica da contemporaneidade, co fin de construír novos modelos económicos, políticos e sociais que poidan ser sustentables.















En colaboración con


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal