Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

We Refugees

Comisario/a: Santiago Olmo, Piedad Solans

Artista: Varios

28 xuño - 13 outubro 2019

Aínda que nos últimos anos as noticias televisivas e o periodismo catapultaron á primeira plana o fluxo de refuxiados como un problema, a historia do século XX está atravesada polo drama de conflitos e millóns de persoas desprazadas, exiliadas, expatriadas e refuxiadas. A propia historia da humanidade está construída desde o desprazamento forzoso, a fuxida e o asilo. Este proxecto retoma o título dun coñecido ensaio de Hannah Arendt publicado en 1943 en Menorah Journal, una prestixiosa revista xudía de Nova York, co obxectivo de indicar e sinalar a universalidade do exilio e a construción de sociedades democráticas desde a protección do dereito de asilo. A exposición trata de resituar o problema dos refuxiados desde unha perspectiva complexa, evitando os elementos sensacionalistas da inmediatez periodística e apuntando a unha reflexión máis histórica que teña en conta o modo no que as nosas sociedades se construíron tamén desde o exilio, co exilio e a través do exilio.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal