Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

PEDRO CABRITA REIS: WORK ALWAYS IN PROGRESS

Comisario/a: Susana González/Santiago Olmo

Artista: Pedro Cabrita Reis

15 novembro 2019 - 2 febreiro 2020

Pedro Cabrita Reis (Lisboa, 1956) exemplifica, a partir de mediados dos oitenta, o cambio de paradigma da práctica da escultura expandida.

O sentido da súa obra, implícito no título da mostra, Work Always in Progress, é o resultado da súa particular mirada entre referencias construtivistas e procesuais, cuestións formais minimalistas e o uso prominente do obxecto atopado, propoñendo unha formulación construtiva de hibridación de técnicas.

A mostra artéllase a través dunha trintena de obras, que ocupan a planta baixa e a primeira planta do CGAC, ás que se suman intervencións site specific no exterior e na terraza do edificio. Expondo un discurso secuencial, que permite abordar os principais aspectos do seu traballo a través de series representativas da produción do artista, como Cabinet d’ amateur, Compounds, Favourite Places, True Gardens ou Foresta, o arco temporal percorre tres décadas e inclúe amais obras inéditas, que serán creadas especificamente para o centro.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal