Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

JESÚS MADRIÑÁN. I AM LIGHT

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Jesús Madriñán

22 novembro 2019 - 1 marzo 2020

Jesús Madriñán (Santiago de Compostela, 1984) é unha das miradas fotográficas máis incisivas do panorama actual. A súa obra centrouse fundamentalmente nunha reinterpretación do retrato entendido como un elo intermedio entre o xénero psicolóxico e o arquivo de tipoloxías. As súas diversas series abordaron aspectos da noite festeira en grandes cidades europeas (Good Night London, 2011, ou Dopo Roma, 2016) ou no medio rural (Boas noites, 2013). A súa maneira de traballar é moi minuciosa e precisa, utiliza a cámara de gran formato e a película analóxica, o que fai máis complexo un traballo que se asocia á rapidez da reportaxe.

Este proxecto, froito da colaboración entre Xacobeo e CGAC, formúlase como unha renovación e actualización da mirada sobre a realidade do Camiño de Santiago e os seus peregrinos.

 “Como compostelán, o Camiño de Santiago estivo sempre estreitamente ligado a min. Desde que nacín, fun consciente dese ir e vir de persoas chegadas de todas partes do mundo que foron moldeando o que hoxe en día é Santiago, e esa ruta vertebradora de historias e culturas que é o Camiño. Esta realidade que me rodea, entendida como parte esencial do tecido social e cultural do lugar no que vivo, é o eixe deste novo proxecto, un proxecto que toma o Camiño como campo de acción onde crear unha colección de fotografías que capte a esencia dunha época, dun momento no tempo.

A modo de diario, o proxecto xorde da miña propia experiencia como un peregrino máis, capturando identidades a medida que estas vaian formando parte dos meus días camiñando. A través delas pretendo rexistrar a diversidade e a tolerancia presentes na actualidade e, por extensión, tamén no Camiño, testemuña de novas xeracións florecentes e renovadoras que, a pesar de todo, deciden emprender esta secular viaxe desde o respecto, a espiritualidade, e o progreso”.

 Jesús Madriñán

Folleto exposición

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal