Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

4 novembro 2016 - 22 xaneiro 2017

BERTA CÁCCAMO. EXPANSIÓN ENSAIO

Comisario/a: David Barro

Artista: Berta Cáccamo

De vocación temperá, Berta Cáccamo (Vigo, 1963) creceu nun universo ligado á creación. Considerada unha das pintoras españolas mais importantes da súa xeración.

28 outubro 2016 - 29 xaneiro 2017

EVA LOOTZ. CUT THROUGH THE FOG

Comisario/a: Alicia Murría

Artista: Eva Lootz

Nacida en Viena pero arraigada en España desde 1968, Eva Lootz ocupa un espazo singular na súa xeración. En 1994 a concesión do Premio Nacional de Artes Plásticas viña recoñecer a relevancia da súa achega no panorama artístico español, aínda que…

15 xullo - 16 outubro 2016

STEFAN BRÜGGEMANN. TO BE POLITICAL IT HAS TO LOOK NICE

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Stefan Brüggemann

A obra de Stefan Brüggemann (Cidade de México, 1975) abriu unha maneira diferente de abordar os aspectos sociolóxicos e culturais da linguaxe. O seu traballo incide nesas contradicións lingüísticas que conforman os paradoxos da vida e a convi…

30 xuño - 2 outubro 2016

RELER A COLECCIÓN

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Varios

O núcleo dun museo é unha colección: a súa colección. A colección é o símbolo patrimonial dunha memoria cultural. Un territorio e unha cultura constrúen a súa identidade desde a memoria. Para que a memoria sexa activa e non nostálxica debe ser…

22 abril - 28 xuño 2016

AGRUPAR_DESAGRUPAR: RUPTURAS DA REPRESENTACIÓN

Comisario/a: Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre

Artista: Jorge Barbi, Carme Nogueira, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Isaac Pérez Vicente e María Ruido

Entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desenvólvese en Galicia o traballo dunha importante nómina de artistas de moi diferente procedencia académica e cos máis diversos horizontes estéticos e conce…

15 abril – 19 xuño 2016

MARISA GONZÁLEZ. REXISTROS DOMESTICADOS

Comisario/a: Rocío de la Villa

Artista: Marisa González

Rexistros domesticados é un proxecto que pretende mostrar a unidade de fondo nas motivacións temáticas, técnicas e formais, ao longo de corenta e cinto anos de traxectoria da artista. Organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Ar…

31 marzo - 12 de xuño 2016

ANTONI SOCÍAS. TEORÍA E PRÁCTICA DO DESERTO

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Antoni Socías

A exposición Teoría e práctica do deserto , expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo.

27 novembro 2015 - 13 marzo 2016

LUIS GONZÁLEZ PALMA. CONSTELACIÓNS DO INTANXIBLE

Comisario/a: Alejandro Castellote

Artista: Luis González Palma

O universo de Luis González Palma (Guatemala, 1957) está formado por constelacións temáticas que orbitan ao redor da súa obra nun ciclo de permanente ida e retorno. A identidade e a memoria —eixos das súas primeiras series fotográficas— son abo…

29 outubro 2015 - 27 marzo 2016

JAVIER VALLHONRAT. INTERACCIÓNS

Comisario/a: Santiago Olmo

Artista: Javier Vallhonrat

Este proxecto, que trala súa presentación no Museo Universidad de Navarra chega agora ao CGAC, constitúe o máis recente conxunto de traballos do artista Javier Vallhonrat. Baixo o título Interaccións , reúne un total de 52 fotografías, sete v…

18 setembro - 15 novembro 2015

ARISSA. A SOMBRA E O FOTÓGRAFO 1922-1936

Comisario/a: Rafael Levenfeld e Valentín Vallhonrat

Artista: Antoni Arissa

Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936 é unha mostra de fotografías da Colección Telefónica dedicada ao catalán Antoni Arissa (Sant Andreu, 1900 - Barcelona, 1980). A exposición é o resultado do traballo de recuperación de arquivos fotográfi…

16 xullo - 18 outubro 2015

REFLEXIÓNS. COLECCIÓN CGAC

Comisario/a: Christina Ferreira Andrade

Artista: Varios

A reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade —a deforma, incluso— conducindo o pensamento por camiños tortuosos ou, pola contra, mostrándonos novos puntos de vista.

24 abril - 30 agosto 2015

VAL DEL OMAR. A MECAMÍSTICA DO CINE

Comisario/a: Cristina Cámara

Artista: Val del Omar

A obra de José Val del Omar (Granada, 1904 -Madrid, 1982) é o resultado das súas facetas de inventor, poeta visual e cinemista. Con este neoloxismo Val del Omar quixo unir a actividade do alquimista e a do cineasta e definir deste xeito a súa o…

19 marzo - 27 setembro 2015

MANUEL VILARIÑO. TECTÓNICA

Comisario/a: Alberto Ruiz de Samaniego

Artista: Manuel Vilariño

Tectónica non é unha exposición máis de Manuel Vilariño. O que aquí se propón é unha prospección no universo creativo e poético deste autor, pero cunha perspectiva que nos permita aproximarnos á súa obra dende un ángulo ou unha visión inédita. …

6 marzo - 14 xuño 2015

EDITA: SECUENCIA/SENTIDO

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Patricia Almeida, Tono Arias, David Barreiro, André Cepeda, Dispara, Luis Díaz Díaz, António Júlio Duarte, José Pedro Cortes, Fabulatorio, …

A partir da experiencia e do recoñecemento de catro editoriais galegas e portuguesas (Dispara, Fabulatorio, Ghost e Pierre von Kleist), esta exposición constrúese en base á complicidade que se establece entre o acto creativo e a súa posterior …

6 marzo - 27 setembro 2015

CHRISTIAN GARCÍA BELLO. COMO TIZÓN QUEMADO

Comisario/a: Alberto Carton

Artista: Christian García Bello

Como tizón quemado é unha axilización do proceso creativo de Christian García Bello (A Coruña, 1986) cara á rotundidade contida do xesto e cara á severidade sen concesións dun carácter en evasión concreta e certamente radical.

18 novembro 2014 - 5 abril 2015

HOSPITALIDADE. OBRAS DA COLECCIÓN CGAC

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Antoni Abad, Lara Almarcegui, Helena Almeida, Juan Araujo, David Bestué & Marc Vives, Robert Breer, Pedro Cabrita Reis, Rui Calçada Bastos,…

A institución museolóxica é unha creación da sociedade democrática e laicizada que atopou nela modelos de difusión da creación tanto plástica como doutra índole para cidadáns libres e con iguais dereitos de acceso á educación e a cultura.

31 outubro 2014 - 8 marzo 2015

CARLOS LEÓN. A ORDE DAS PRIMEIRAS COUSAS

Comisario/a: Ángel Cerviño e Alberto González Alegre

Artista: Carlos León

Esta exposición explora e vertebra algunhas das series máis recentes do pintor Carlos León (Ceuta, 1948). Indaga con especial interese nos xogos de relacións —plásticas e conceptuais— que se establecen entre o radical cuestionamiento de todo ilu…

17 outubro 2014 - 25 xaneiro 2015

ROSENDO CID. O ENXEÑO DA ESCALEIRA

Comisario/a: Christina Ferreira

Artista: Rosendo Cid

O traballo de Rosendo Cid (Ourense, 1974) parte de claves que abranguen desde un certo espírito dadaísta, xa que a miúdo emprega obxectos ou imaxes sen manipular, até o cuestionamiento de certa gravidade ou solemnidade qu…

17 outubro 2014 - 22 febreiro 2015

CRISTINA LUCAS. É CAPITAL

Comisario/a: Manuela Villa

Artista: Cristina Lucas

En É capital Cristina Lucas (Xaén, 1973) analiza algunhas das principais incógnitas, paradoxos e retos que supón o actual sistema capitalista mediante catro obras de nova creación concibidas especificamente para o contexto desta exposición.

4 xullo - 28 setembro 2014

JUAN USLÉ. LUZ ESCURA

Comisario/a: Stephan Berg

Artista: Juan Uslé

Desde 1997 Juan Uslé (Santander, 1954) non deixou de traballar nunha serie de cadros que se coñecen como as súas pinturas negras e que ocupan un lugar central no conxunto da súa obra. Nas xa cincuenta pinturas da serie Soñé que revelabas …

4 xullo - 19 outubro 2014

MARK MANDERS. CURCULIO BASSOS

Comisario/a: Javier Hontoria

Artista: Mark Manders

Mark Manders (Volkel, Países Baixos, 1968) é un dos artistas internacionais máis relevantes das dúas últimas décadas e autor dun dos corpus de traballo máis persoais de cuantos poden verse no concerto internacional. Ademais de representar o seu…

20 xuño - 2 novembro 2014

DIEGO SANTOMÉ. PEZA DE ESQUINA E OUTROS ESPAZOS EN CONFLITO

Comisario/a: Agar Ledo

Artista: Diego Santomé

As estratexias discursivas en que se fundamenta a obra de Diego Santomé (Vigo, 1966) están directamente vinculadas cos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. Tanto na elección dos materiais coma no proceso de traballo, Santo…

16 abril - 15 xuño 2014

100 ANOS CON ALEJANDRO DE LA SOTA

Comisario/a: Moisés Puente

Artista: Alejandro de la Sota

Transcorridos cen anos desde o nacemento de Alejandro de la Sota (Pontevedra 1913 - Madrid 1996), o CGAC acolle unha exposición organizada pola  Fundación ICO en colaboración coa Fundación Alejandro de la Sota , na que se reflexiona sob…

16 abril - 18 xuño 2014

COL.

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Varios

Usue Arrieta & Vicente Vázquez - François Bucher - Waltercio Caldas - André Cepeda - Patricia Esquivias - Suso Fandiño - Fermín Jiménez Landa - Loreto Martínez Troncoso - Chelo Matesanz - Fabio Morais - Pamen Pereira -  Gabriel P…

16 abril - 15 xuño 2014

MISHA BIES GOLAS. 27 NEGROS, 2013-2014

Comisario/a: ----- -----

Artista: Misha Bies Golas

27 negros é unha obra coral composta por 27 monocromos negros de 20 x 20 cm realizados por 27 autores. O resultado é unha sorte de antoloxía por encarga e de exercicio de estilo colectivo.

16 abril - 15 xuño 2014

PACO ROCHA. NATURALMENTE HUMANO

Comisario/a: Christina Ferreira

Artista: Paco Rocha

Afortunadamente todo aquilo que me produce pracer e me outorga ese estado de paz e tranquilidade ten relación cos meus instintos animais e é por iso que a miña procura comeza na natureza. Trato de comprender a miña existencia, buscando pequenas…

4 abril - 8 xuño 2014

CHELO MATESANZ. AS MIÑAS COUSAS EN OBSERVACIÓN

Comisario/a: Chus Martínez Domínguez

Artista: Chelo Matesanz

Esta exposición revisa a traxectoria artística de Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964), partindo dos seus traballos de finais da década dos oitenta até os máis recentes.

22 novembro 2013 - 23 marzo 2014

EXPOSICIÓN 93

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Varios

Co propósito de conmemorar o seu vixésimo aniversario, o CGAC presenta unha exposición titulada 93 coa que nos transporta ao ano no que o centro abriu as súas portas ao público no inicio da década dos noventa.

18 xullo - 20 outubro 2013

VÍCTOR GRIPPO. TRANSFORMACIÓN

Comisario/a: Alicia Chillida

Artista: Víctor Grippo

Para Víctor Grippo (Junín, 1936 - Bos Aires, 2002) o traballo do artista consiste en descifrar os significados ocultos que se atopan baixo os obxectos primarios. Desde que comezou a súa carreira como pintor no cargado clima político arxentino do…

28 xuño - 6 outubro 2013

RICARDO BASBAUM. DIAGRAMAS

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez & Ricardo Basbaum

Artista: Ricardo Basbaum

Ricardo Basbaum (São Paulo, 1961) é un axente cultural que mantén unha intensa actividade, non só artística, senón tamén docente, investigadora e curatorial. Diagramas é a súa primeira exposición retrospectiva en España.

28 xuño - 13 outubro 2013

GRAHAM GUSSIN: CLEARBLUESKYDEEPDARKWATER

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Graham Gussin

Graham Gussin (Londres, 1960) utiliza unha gran diversidade de medios —texto, debuxo, filme, son, escultura e instalación—para explorar a nosa percepción do tempo, do espazo e da escala. As súas obras adoitan manipular e apropiarse de imaxes e narr…

22 marzo - 16 xuño 2013

JAMES WELLING: THE MIND ON FIRE

Comisario/a: Anthony Spira

Artista: James Welling

The Mind on Fire é a primeira exposición institucional en España do artista estadounidense James Welling (Hartford, Connecticut, 1951). A mostra, que comprende arredor de cento cincuenta obras, recrea algunhas das principais exposicións de …

8 marzo - 9 xuño 2013

MIGUEL PALMA. DESCONFORTO MODERNO

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Miguel Palma

Miguel Palma (Lisboa, 1964) aprópiase das formas e do fluxo narrativo dunha modernidade en continua mutación interpretativa para traballar con conceptos como a dexeneración, o fracaso ou o progreso.

1 marzo - 16 xuño 2013

COLECCIÓN: ADQUISICIÓNS E INCORPORACIÓNS RECENTES

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez / Lourdes P. Seoane

Artista: varios

Nun exercicio de transparencia institucional, esta exposición presenta unha selección das obras adquiridas recentemente para a colección permanente do CGAC ou incorporadas aos fondos do centro a través do depósito da Colección Fundación ARCO. 

16 novembro 2012 - 10 marzo 2013

VIBRACIÓNS PROHIBIDAS

Comisario/a: Héctor Fouce, Xavier Valiño

Artista: Varios

Igual que o cine ou a prensa, a música pop e a rock tampouco non deron escapado da acción da censura. Pero, a diferenza destes, a represión intensificouse xusto cando a ditadura estaba a iniciar unha tímida apertura. O franquismo foi conscien…

26 outubro 2012 - 17 febreiro 2013

FERNANDO CASÁS. O AGORA XA FOI E O DENANTES SERÁ

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Fernando Casás

Observar, recompilar, indexar, coñecer, recrear. Nunha obra marcada por xestos silenciosos, Fernando Casás (Gondomar, Pontevedra, 1946) mantén unha relación de curiosidade permanente coa natureza. Os vestixios do paso do tempo, os estados e form…

13 xullo - 4 novembro 2012

EUGENIO GRANELL E O CINE: UNHA PELÍCULA DE VINTE MINUTOS

Comisario/a: Eduardo Valiña

Artista: Eugenio Granell

Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos é unha exposición concibida pola Fundación Eugenio Granell para o Centro Galego de Arte Contemporánea con ocasión do centenario do nacemento do artista. A mostra, centrada na súa faceta de…

13 xullo - 30 setembro 2012

GRAVITY & DISGRACE EP. II

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: varios

Gravity & Disgrace Ep. II pon en diálogo obras que non pretenden ilustrar un propósito narrativo concreto, senón máis ben enriquecer o contexto inicial da mostra, facéndoo simultaneamente máis denso e expandido. A concentración destes obxe…

6 xullo - 7 outubro 2012

ESTHER FERRER. EN CUATRO MOVIMIENTOS

Comisario/a: Rosa Olivares

Artista: Esther Ferrer

“O accidente é parte da performance ”. “Cando o concepto está espido e toda a xente o pode ver, a idea ten que ser boa”. “Cando todo está controlado pola institución xa non hai liberdade”. “Non fago arte para o outro, fago arte para min”. “A a…

30 marzo - 1 xullo 2012

GRAVITY & DISGRACE EP. I

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Manuel Eirís, Carla Filipe, Marlena Kudlicka, Paloma Polo, Diego Santomé

Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975 , que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace Ep. 1 parte do principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a co…

30 marzo - 24 xuño 2012

RAFEL G. BIANCHI. LA BANDERA EN LA CIMA

Comisario/a: David G. Torres

Artista: Rafel G. Bianchi

La bandera en la cima é primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está carga…

23 marzo - 17 xuño 2012

DE LA GENEROSIDAD. OBRAS DA COLECCIÓN HELGA DE ALVEAR

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: varios

De la generosidad inscríbese nun ciclo de exposicións que, ao longo dos últimos anos, se veñen organizando a partir da colección da Fundación Helga de Alvear. Nesta ocasión, o CGAC acolle unha selección de obras deste singular acervo baixo o comi…

27 xaneiro - 13 abril 2012

A COLECCIÓN CGAC NO CENTRO TORRENTE BALLESTER DE FERROL

Comisario/a: Mónica Maneiro

Artista: Varios

O Centro Torrente Ballester de Ferrol acollerá dúas exposicións realizadas con fondos da Colección permanente do CGAC: Miradas cinematográficas. Colección CGAC e Pouco antes da tormenta cómpre un pouco de humor Organizadas conxuntamente polo…

1 decembro 2011 - 7 xaneiro 2012

MYSTIQUE

Comisario/a: Christina Ferreira

Artista: varios

En colaboración coa USC (Universidade de Santiago de Compostela), o CGAC presenta unha exposición na Igrexa da Compañía cunha serie de obras da Colección Fundación ARCO, Colección IFEMA e Colecc…

12 novembro 2011 - 26 febreiro 2012

JEFF WALL. O SENDEIRO SINUOSO

Comisario/a: Joël Benzakin

Artista: Jeff Wall, Marcel Duchamp, Delacroix, Manet, Rodney Graham, Bruce Nauman, Ian Wallace, Rainer Fassbinder, Chris Burden, Frank Stella, Carl…

O Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a exposición Jeff Wall. O sendeiro sinuoso, comisariada por Joël Benzakin, organizada polo Centro de Belas Artes de Bruxelas (Bozar ) en colaboración co CGAC, entre o vindeiro 12 de novembro de 201…

17 xuño - 16 outubro 2011

LECCIÓNS DE COUSAS. ANTÓN REIXA

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: Antón Reixa

Figura senlleira no contexto cultural galego, Antón Reixa (Vigo, 1957) non se deixa clasificar doadamente. O que mellor o define é a súa relación umbilical coa linguaxe e cos modos de se converter esta en instrumento de creación poética e de com…

31 maio - 16 outubro 2011

CÓMO NOS MIRAN

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: varios

A exposición Cómo nos miran reúne fondos da colección permanente do CGAC e a colección Fundación ARCO. Con obras que abranguen un período de case trinta anos -de 1970 a 2007- e con autores de xeracións e xeografías distintas, a mostra incide sobr…

20 maio - 18 setembro 2011

ESTADES PREPARADOS PARA A TELEVISIÓN?

Comisario/a: Chus Martínez

Artista: Varios

Esta exposición, presentada no MACBA a principios do 2011, chega ao CGAC co propósito de mostrar ao público compostelán como formas moi diversas de comprender a imaxe e a vida dos conceptos contribuíron a debuxar o horizonte do noso presente cult…

25 febreiro - 8 maio 2011

ABSTRACCIÓN RACIONAL

Comisario/a: Mariano Navarro

Artista: Richard Aldrich, José Loureiro, Nico Munuera, Juan Uslé

No longo periplo da abstracción, que logo vai cumprir un século da súa partida, foi constante a súa deriva en dous sentidos opostos e complementarios, ben polo camiño que prima a expresión inmediata, espontánea e direta, ben polo que se orienta seg…

25 febreiro - 29 maio 2011

FERNANDO JOSÉ PEREIRA. APARENTEMENTE NADA SE PASSA

Comisario/a: Xosé Lois Gutiérrez

Artista: Fernando Jose Pereira

A actividade de Fernando Jose Pereira, que comprende varios medios e se desenvolve esencialmente a partir da década de 1990, privilexiou a instalación e o vídeo como mecanismos dunha revisión crítica da propia crítica institucional. Consciente das …

4 febreiro - 1 maio 2011

ANNA MARIA MAIOLINO

Comisario/a: Helena Tatay

Artista: Anna Maria Maiolino

Despois de se presentar na Fundaciou Antoni Tàpies, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a primeira exposición retrospectiva no ámbito europeo da artista brasileira de orixe italiana Anna Maria Maiolino (Scalea, 1942), cuxa obra constitú…

18 novembro 2010 - 13 febreiro 2011

CRISTINA GARCÍA RODERO. TRANSTEMPO

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez e Mª José Villaluenga Garmendia

Artista: Cristina García Rodero

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a S. A. de Xestión do Plan Xacobeo presentan unha exposición titulada Transtempo, e constituída por unha selección de imaxes de Cristina García Rodero tomadas en terras galegas entre 1974 e a actualida…

22 outubro 2010 – 2 xaneiro 2011

JANE & LOUISE WILSON. TEMPO SUSPENSO

Comisario/a: Isabel Carlos

Artista: Jane & Louise Wilson

Comisariada por Isabel Carlos, Tempo suspenso é a maior mostra individual algunha vez presentada polas artistas británicas Jane & Louise Wilson en España. A exposición parte da primeira obra en vídeo das artistas, Hypnotic Suggestion 505, de 19…

1 outubro – 28 novembro 2010

A CIDADE INTERPRETADA

Comisario/a: Pablo Fanego

Artista: Rubén Santiago

O proxecto de Rubén Santiago enmárcase dentro do evento de arte pública A cidade interpretada, unha iniciativa da Concelaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela coproducida nesta segunda edición co Xacobeo e co CGAC.

16 xullo – 10 outubro 2010

AFRO MODERN: JOURNEYS THROUGH THE BLACK ATLANTIC

Comisario/a: Tanya Barson e Peter Gorschlüter

Artista: Varios

Afro Modern: Journeys through the Black Atlantic inspírase na transcendental obra de Paul Gilroy, The Black Atlantic: Modernity and Double Consciousness (1993). Esta é a primeira exposición que examina polo miúdo a influencia que sobre a arte exerc…

28 maio - 5 setembro 2010

IN SEARCH OF THE MIRACULOUS. TRINTA ANOS DESPOIS

Comisario/a: Pedro de Llano

Artista: Bas Jan Ader

O proxecto In Search of the Miraculous: trinta anos despois céntrase no derradeiro episodio dunha vida creativa que estivo marcada polo risco e pola aventura: o Ocean Wave , o bote no que o artista Bas Jan Ader se dispuxo a desafiar a natureza a…

16 abril - 27 xuño 2010

GILBERTO ZORIO

Comisario/a: Gianfranco Maraniello

Artista: Gilberto Zorio

Logo das retrospectivas dedicadas a Giovanni Anselmo (1995) e Giuseppe Penone (1999), o CGAC acollerá unha exposición en colaboración co MAMbo (Museo d’Arte Moderna di Bologna), que percorrerá a traxectoria creativa de Gilberto Zorio —recoñecido ex…

15 xaneiro - 2 maio 2010

ESPECTRAL

Comisario/a: Miguel von Hafe Pérez

Artista: varios

Baixo a protección das máscaras mortuorias de Arnulf Rainer de 1985 proponse unha relectura dos fondos do CGAC co título Espectral . A mostra, que reúne obras de medios tan distintos como o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura,…

15 xaneiro - 21 marzo 2010

SUR LE DANDYSME AUJOURD´HUI

Comisario/a: RMS La Asociación

Artista: varios

Do manequín no escaparate á estrela mediática O Antigo Réxime caeu a golpe de guillotina, a igualdade establécese como principio, a industrialización modifica usos e costumes, ademais de impor unha nova clase social, as cidades ilumínanse po…

8 outubro 2009 - 31 xaneiro 2010

ONDE VAN OS PERSONAXES CANDO REMATA A NOVELA?

Comisario/a: Eva González-Sancho

Artista: Dora García

As obras de Dora García fan claramente fincapé na comunicación entre o artista e o seu público: a arte xa non representa o mundo senón que se converte en produtora de realidades, a miúdo ao límite da…

24 setembro 2009 - 3 xaneiro 2010

FAMILIAR FEELINGS. SOBRE O GRUPO DE BOSTON

Comisario/a: Manuel Segade

Artista: Diane Arbus, Larry Clark, Mark Morrisroe, Tabboo!, Kathleen White, Gail Thacker, Jack Pierson, David Arsmtrong, Philip-Lorca DiCorcia, Shel…

Retrato dun momento fundamental: o último alento da liberdade moral e sexual nacida dos sesenta, xusto antes da crise que suporía a irrupción da sida.

11 xuño - 13 setembro 2009

SEBASTIÁN ROMO. A VONTADE DAS COUSAS

Comisario/a: Víctor Palacios

Artista: Sebastián Romo

O artista mexicano Sebastián Romo traballa a partir das sutilezas da construción do cotián. Unha reflexión sobre a escultura e as súas relacións co espazo realizada por un prometedor artista novo

12 marzo - 31 maio 2009

A MANCHA HUMANA / THE HUMAN STAIN

Comisario/a: Ellen Blumenstein

Artista: Varios

O principio que guía este proxecto é simplemente amosar que a idea non é necesariamente oposta á subxectividade persoal, á poesía ou ao político.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal