https://bit.ly/2IwR7uI (El Correo)
https://bit.ly/38C6AE4 (La Voz de Galicia)
https://bit.ly/39ClH1B (CRTVG)
https://www.lavozdegalicia.es/ pedro-cabrita-reis-lleva-taller-creativo-cgac-work-always-in-progress
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/zigzag-diario
Entrevista por Juan Carlos Meana : https://bit.ly/2JS3cek
http://www.crtvg.es/informativos/bleda-e-rosa-xeografia-do-tempo-nova-exposicion-no-cgac-3936771
https://exit-express.com/geografia-del-tiempo/
http://infoenpunto.com/not/23599/bleda-y-rosa-con-lsquo-geografia-del-tiempo-rsquo-en-el-cgac/
https://www.arteinformado.com/guia/f/bleda-y-rosa-6986
Celebración dos 25 anos de percorrido dun centro de referencia na arte contemporánea, dun CGAC con vocación internacional, que apoia e impulsa a realidade artística de Galicia.
@AquiOndaGalicia...@cgac_santiago@OndaCeroGalicia
http://www.crtvg.es/informativos/o-centro-galegto-de-arte-contemporaneo-fai-25-anos-1
http://masdearte.com/convocatorias/actividades-en-el-25-aniversario-del-cgac/
https://www.abc.es/cultura/cultural/abci-javier-riera-y-cgac-201811020125_noticia.html
http://ramonrozas.blogspot.com/2018/12/cgac-25.html?m=1
As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico.
O propio acto creativo xorde do que podemos definir como un impulso construtivo. A idea de construción vincúlase á arquitectura, pero tamén moi estreitamente á escultura, á pintura e ao debuxo así como a unha certa concepción do obxecto como deseño e moi particularmente á instalación.
https://www.20minutos.es/noticia/3388387/0/cgac-presenta-nueva-exposicion-construccion-que-une-arte-arquitectura-se-inaugura-6-julio/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/07/07/arquitectura-servicio-arte-cgac/0003_201807S7C7992.htm
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=28891
https://www.compostela24horas.com/texto-diario/mostrar/1131515/exposicion-construccion-subraya-encuentro-entre-arte-arquitectura-cgac
http://lindeiros.gal/centro-arte-contemporaneo-en-construccion/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/06/02/lechuga/0003_201806S2C12991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2018/06/02/autobiografia-cgac/0003_201806G2P39992.htm
https://www.cultura.gal/es/nova/45229
http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2018/06/03/exposicion-recorre-25-anos-centro/1297445.html
http://lindeiros.gal/cgac-25-unha-mostra-que-repasa-o-cuarto-de-seculo-do-museo/
Correo TV- Carlos Roma entrevista a S.Olmo
Carlos Garaicoa (La Habana, 1967) observa a cidade, as arquitecturas e os soños latentes, os xa
abandonados e os aínda realizables; le os seus argumentos, agravios e recordos
imborrables logo, con creatividade incansable, traza outras perspectivas,
enxerta pretérito e futuro, debuxa novas liñas de fuga e busca o común e a
multitude como suxeitos dun incesante transformarse noutra cousa.
Vídeo presentación (Carlos Garaicoa, Claudia Gioia, Santiago Olmo)
Hai artistas que chegan a un tema por investigación, outros fano por tendencia. Álvaro Negro pertence claramente aos primeiros. Unha mirada atenta á súa traxectoria descobre moitas relecturas, produto dun actuar sen présa e dun diálogo continuo coa pintura e cunha serie de afinidades electivas, en moitos casos artistas, pero tamén escritores, poetas, arquitectos… A exposición preparada para o CGAC é unha mirada retrospectiva ao seu traballo que incide nunha cuestión fundamental: o paulatino descubrimento dunha iconografía propia e recoñecible que nace xa nas súas primeiras series e que na última década se consolida e se extrema nunha mesma atmosfera.
Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC. A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.
https://www.arteinformado.com/agenda/f/lugar-contingencias-de-uso-141461
http://www.expressan.com/lugar-contingencias-de-uso-cgac-lamothe-esquivias-taboas/
http://www.arte.gal/2017/06/23/lugar-continxencias-de-uso/
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=27634
Bañistas está constituído por un amplo conxunto de fotografías anónimas de mozos seminús, cubertos apenas cun traxe de baño, retratados en contacto coa natureza. Mozos que aparecen no exterior: á beira das praias, das piscinas ou no campo, en lagoas ou ríos, e que recrean a tradicional iconografía dos bañistas que tivo gran predicamento ao longo de toda a historia da arte.
Este proxecto expositivo enmárcase nesa vía de traballo amplamente desenvolvida internacionalemente (pero aínda practicamente descoñecida en España), na que ese material fotográfico democrático, anónimo, abandonado, pobre e vulgar pasa a se converter, por mor do gusto, o coñecemento e o sentido estético dos creadores e coleccionistas, nun artefacto cultural, nunha produción artística, nun proxecto expositivo e editorial. E iso todo é xustamente o que pretende ser Bañistas.
Folleto da exposiciónA obra de Stefan Brüggemann (Cidade de México, 1975) abriu unha maneira diferente de abordar os aspectos sociolóxicos e culturais da linguaxe. O seu traballo incide nesas contradicións lingüísticas que conforman os paradoxos da vida e a convivencia, pondo en cuestión a rixidez do politicamente correcto, precisamente por falso. A súa exposición no CGAC está construída a partir de intervencións espaciais que cuestionan a orde dos conceptos, a lóxica das normas e, particularmente, as convencións do sistema da arte.
Folleto da exposiciónO núcleo dun museo é unha colección: a súa colección. A colección é o símbolo patrimonial dunha memoria cultural. Un territorio e unha cultura constrúen a súa identidade desde a memoria. Para que a memoria sexa activa e non nostálxica debe ser crítica e autocrítica, disposta a revisarse de maneira permanente. A función dun museo é crear unha memoria e mantela viva a través dunha incesante relectura, interpretación e investigación, que cuestione, que incida nas perspectivas difíciles. As exposicións temporais están intimamente conectadas e ligadas á colección porque son outra vertente da memoria do museo, unha forma de enriquecer a colección e unha maneira de poder acompañar aos artistas máis próximos, aqueles que contribúen ao enriquecemento simbólico da cultura.
Dentro deste proxecto de revisión e contextualización da colección preséntanse tres propostas expositivas, nas que se desenvolven temáticas diferentes e que incorporan diálogos cruzados con outras coleccións tanto públicas como privadas vinculadas co CGAC e con Galicia: coleccións públicas e privadas galegas, coleccións de museos cos que o CGAC comparte coproducións de exposicións temporais (CAAC de Sevilla e MUN de Pamplona) ou coleccións que mantiveron unha especial conexión co CGAC como a Colección ARCO e a súa sede actual o CA2M de Móstoles.
Folletos da exposición: Estado de excepción, Ensaio visual e Louise Bourgeois. Cell.
Entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desenvólvese en Galicia o traballo dunha importante nómina de artistas de moi diferente procedencia académica e cos máis diversos horizontes estéticos e conceptuais. Nesa paréntese fecunda loitarán por ampliar a visibilidade da súa obra en condicións adversas nunhas terras de ninguén nas que sempre será dificultoso encontrar sinais de orientación e referencia. Arranca entón unha apaixonante diversidade de propostas e de nomes (por fin abundantes nomes de muller) tamén moi crecente en número se a comparamos coa xeración anterior. Esa apaixonante diferenza tivo un constituínte común que non era outro que a autoconciencia do feito artístico e da incontrolable contaminación de linguaxes. Foron as súas, rupturas da representación.
A exposición Teoría e práctica do deserto, expón un percorrido polos procesos que atravesan o traballo de Antoni Socias, vinculando desde a fricción fotografía e pintura, obxecto, instalación e vídeo. Nos seus traballos aparece unha predilección polos paradoxos e tamén polo absurdo que sutilmente se converte nunha larvada crítica social e política desde as pequenas cousas, subliñando a importancia das actitudes no cotián.
As estratexias discursivas en que se fundamenta a obra de Diego Santomé (Vigo, 1966) están directamente vinculadas cos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. Tanto na elección dos materiais coma no proceso de traballo, Santomé parte de cuestións ligadas ás circunstancias cotiás e á súa transformación, mostrando a posibilidade/imposibilidade dunha nova orde na que a sociedade acade un equilibrio.
En 2013 cumpríronse cen anos do nacemento de Alejandro de la Sota. Como toda data conmemorativa, este aniversario bríndanos a escusa perfecta para recapitular sobre a súa figura, a súa obra, o seu maxisterio e, o que parece máis pertinente, sobre a actualidade do seu legado.
27 negros é unha obra coral composta por 27 monocromos negros de 20 x 20 cm realizados por 27 autores.
O resultado é unha sorte de antoloxía por encarga e de exercicio de estilo colectivo.
A técnica fotográfica é a máis básica e natural, fotografía química, onde a luz reflectida na paisaxe oxida os elementos que compoñen a emulsión da película capturando así parte da esencia do momento. Os formatos grandes de placa ou rolo e o uso dunha cámara de banco óptico permiten abordar cada imaxe como unha composición complexa, chea de decisións.
Folleto da exposiciónUn ano máis o CGAC súmase a Cineuropa, o festival compostelán que neste 2013 celebra o seu 27.º aniversario.
As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 8 e o 29 de novembro.
Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival.