Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss

Desde a súa inauguración, o Centro Galego de Arte Contemporánea mantén unha intensa actividade editorial que se reflicte sobre todo nos seus catálogos de exposicións e monografías, pero tamén nunha liña paralela de publicacións que recompilan outros documentos e materiais incorporados ao seu fondo editorial a partir dos encontros e sinerxías xerados pola actividade do centro. 

Así mesmo, o departamento de publicacións do CGAC, baseado nun modelo no que priman o diálogo e a colaboración cos diferentes axentes do mundo da arte, presta especial atención ás posibilidades creativas da edición, traballando directamente cos artistas na concepción e realización de obras en soporte editorial. 

O catálogo de publicacións do centro contribúe a documentar e divulgar a súa actividade, a profundizar no estudo da arte contemporánea e a difundir nos circuítos internacionais da arte o traballo de artistas, críticos e comisarios. 

As publicacións do CGAC pódense adquirir a través do portal web da Libraría institucional da Xunta de Galicia ou na Libraría do CGAC.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal