Captura de pantalla 2022-02-13 a las 14.08.07.png

NALGURES. CICLO DE CINE

28 Setembro 2022 - 30 Setembro 2022
Horario: 19:00 h
Auditorio e sala de exposicións da primeira planta
Coordinación:
Gema Baños, Carmen Hermo e Virginia Villar
Dirección:
Natalia Poncela
Prazas:
Entrada libre e de balde

A exposición Nalgures subliña a atención de Narelle Jubelin (Sidney, Australia, 1960) sobre aquelas realidades que a linearidad da historia oficial esquece. Con esa vontade, abraza as subalternidades duns e doutros contextos, propios e alleos, para revisar memorias que nos permitan definir a nosa actitude diante deses feitos.

Nalgures (2022), The Housing Question (Helen Grace e Narelle Jubelin, 2019) e The Third Space (2012-2013) son as tres pezas fílmicas que forman parte da exposición Nalgures. As tres están fiadas pola artista coma se fosen tecidos, utilizando distintas capas interrelacionadas. Un deses fíos, que aparece constantemente, é a posta en valor do comunitario e do habitacional. Para iso Narelle Jubelin indaga en memorias individuais que sempre nos conducen á colectividade e á comunidade.

A inclusión dunha serie de fotografías de Anna Turbau dentro de Nalgures remarca a vontade de Narelle Jubelin de escoller imaxes que nos devolven a unha realidade fragmentaria do contexto galego. Baixo o ollar de Turbau, foránea coma ela, tenta afondar nun conflito desenvolvido nos primeiros anos da transición democrática, cando o poder continuaba a ser caciquil, poñendo o foco na contestación popular á construción da autoestrada AP-9, onde están moi presentes conceptos como apropiación e usurpación.

Este ciclo de cine e conversas quere achegarse a eses momentos de conflito, a partir de conceptos como territorio, memoria e identidade.

Teresa Moure, lingüista e escritora, achegará a súa lectura e conversa, tanto cos filmes programados como coa fotógrafa Anna Turbau, e a cineasta Margarita Ledo, dúas autoras que compartiron contexto e experiencias nesa Galicia en tránsito da Transición.

Programa:

28 de setembro (Auditorio do CGAC)

19:00 h

Proxección: Autopista, unha navallada á nosa terra / Ano: 1977

Dirección: Llorenç Soler (Valencia, 1935)

España / Documental / Duración: 33 min

Sinopse: Documental dedicado a unha das loitas populares que naqueles momentos era máis virulenta: a loita contra a construción da autopista do Atlántico.

19:35 h

Coloquio coa participación de Teresa Moure e Santiago Olmo.

29 de setembro (Sala terceira da primeira planta)

19:00 h

Proxección: Antisalmo / Ano: 1976

Dirección: Llorenç Soler (Valencia, 1935)

España / Documental / Duración: 17 min

Sinopse: Poema audiovisual baseado nun contestatario poema literario que o autor escribiu en Alemaña no ano 1968. Desde diversas ópticas e con protagonistas distintos, esta peza trata das relacións entre o poder e a Igrexa. Incorpora un poema propio que serve de vértice para unha montaxe en paralelo de imaxes fixas dun desfile militar e dunha procesión de Semana Santa, unha colaxe que certifica ese afán por tentear novas solucións formais.

19:20 h

Coloquio coa participación de Narelle Jubelin, Teresa Moure, Natalia Poncela e Anna Turbau.

30 de setembro (Auditorio do CGAC)

19:00 h

Proxección: Nación / Ano: 2020

Dirección: Margarita Ledo (Castro de Rei, Lugo, 1951)

España / Documental / Duración: 92 min

Sinopse: A través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica da Pontesa (irmás galegas das cigarreiras de Cádiz e Sevilla), Margarita Ledo constrúe o relato dunha loita inconclusa.

20:35 h

Coloquio coa participación de Margarita Ledo e Teresa Moure.

Dirección: Natalia Poncela

Coordinación: Gema Baños, Carmen Hermo e Virginia Villar