FOTO TALLERES TARDEO

TARDEO NO CGAC. TALLERES PARA PÚBLICO INFANTIL

17 Xaneiro 2024 - 29 Maio 2024
Mércores de 17:00h a 18:30h

Os mércores á tarde contaremos con esta nova actividade dirixida ao público infantil. O seu obxectivo é estimular o interese das persoas máis novas na creación artística contemporánea e incentivar a aprendizaxe a través da experimentación coa arte. Nestas sesións didácticas e de lecer, que terán lugar no CGAC, merendaremos e realizaremos actividades, de xeito individual e colectivo, centradas nos procesos creativos. Nas distintas sesións, abordaremos tanto a plástica como a expresión corporal ou a experimentación sonora. Crearemos con luces, con obxectos cotiáns, coa palabra, con elementos da natureza ou coa fotografía. Trataremos conceptos como o peso, o equilibrio, a escala, a repetición, a acumulación ou a asociación, como estratexias creativas, para achegarnos ás múltiples posibilidades de produción artística que existen na arte actual.

CALENDARIO

17 de xaneiro. Prazo de inscrición: do 13 ao 16 de xaneiro

24 de xaneiro. Prazo de inscrición: do 18 ao 22 de xaneiro

31 de xaneiro. Prazo de inscrición: do 25 ao 29 de xaneiro

7 de febreiro. Prazo de inscrición: do 5 ao 6 de febreiro

21 de febreiro. Prazo de inscrición: do 15 ao 20 de febreiro

28 de febreiro. Prazo de inscrición: do 22 ao 27 de febreiro

6 de marzo. Prazo de inscrición: do 29 de febreiro ao 5 de marzo

13 de marzo. Prazo de inscrición: do 7 ao 12 de marzo

20 de marzo. Prazo de inscrición: do 14 ao 19 de marzo

3 de abril. Prazo de inscrición: do 27 de marzo ao 2 de abril

10 de abril. Prazo de inscrición: do 4 ao 9 de abril

17 de abril. Prazo de inscrición: do 11 ao 16 de abril

24 de abril. Prazo de inscrición: do 18 ao 23 de abril

15 de maio. Prazo de inscrición: do 8 ao 14 de maio

22 de maio. Prazo de inscrición: do 16 ao 21 de maio

29 de maio. Prazo de inscrición: do 23 ao 28 de maio

Persoas destinatarias:

Nenos e nenas de 4 a 6 anos

Inscrición:

Todos os talleres son de balde. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do correo electrónico onlinecgac@gmail.com indicando os seguintes datos: nome completo e idade de cada participante, número de teléfono e enderezo electrónico de contacto, nome e número de DNI das persoas autorizadas para recoller os e as menores no CGAC e a data do taller ao que desexan asistir. Poderase inscribir un máximo de dúas persoas mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha notificación por correo electrónico a modo de resposta.