Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
PRESENTACIÓN DO LIBRO PUBLICACIÓN, DE DAVID LAMELAS

29 abril 2021

PRESENTACIÓN DO LIBRO PUBLICACIÓN, DE DAVID LAMELAS

29 abril 19:00 horas

No marco da exposición David Lamelas. Lonxe, América, que se inaugurará o próximo mes de xullo, o CGAC presenta a reedición dun traballo histórico do artista arxentino de orixe galega David Lamelas, o seu libro Publication (1970).  Publication é unha obra clave da arte conceptual, representativa da introdución da linguaxe oral e escrita no contexto das artes visuais e exemplo dos “libros de artista” creados naquela época, que xogaron un papel fundamental na denominada “ desmaterialización” da obra de arte. 

Na presentación, que terá lugar o xoves 29 de abril ás 19:00 horas no auditorio do CGAC, os artistas David Lamelas e Mario García Torres dialogarán, xunto co director do centro, Santiago Olmo, e o comisario da mostra, Pedro de Llano, acerca do contexto no que xurdiu a obra así como sobre a súa actualidade.  Publication foi traducida ao galego e ao castelán para a ocasión e integra unha serie de propostas de artistas e críticos como Robert  Barry, Marcel  Broodthaers, Daniel  Buren, Ian Wilson e Lucy  Lippard, entre outros.

As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente enviando unha mensaxe co seu nome apelidos e número de teléfono a cgac.prensa@xunta.gal


COORDINACIÓN: Carmen Hermo Martínez

Vídeo da presentación


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal