Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
OBRADOIRO EN LIÑA DE ESCOITA PROFUNDA

18 e19 maio 2021

OBRADOIRO EN LIÑA DE ESCOITA PROFUNDA

Horario: de 17:00 a 18:30h

O obradoiro de escoita profunda, impartido pola compositora Jane Rigler, terá lugar en formato de seminario web na plataforma Zoom os días 18 e 19 de maio co mesmo contido para dous grupos diferentes. As sesións recollen e difunden as metodoloxías de Deep Listening© (escoita profunda) ideadas pola artista Pauline Oliveros, que inspirou xente de todas as disciplinas a explorar colectivamente a escoita dos seus corpos, soños, lembranzas e imaxinacións.

Os resultados son actuacións musicais nas que todo o público está invitado a evolucionar cos sons e onde todos os sons son benvidos. Este obradoiro transformador propón unha exploración creativa e comunal a través de actividades sonoras e experiencias multisensoriais. Unha práctica que promove escoitar atentamente todos os sons dentro do continuo espazo-tempo. 

JANE RIGLER é frautista, compositora, improvisadora e practicante de Deep Listening©. É unha das poucas persoas certificadas no mundo para impartir seminarios de Deep Listening© en castelán. Foi galardoada con numerosos premios polas súas enfocadas a experiencias colectivas, ampliando as fronteiras entre a actuación musical e a interacción co público. Recibiu bolsas en Irlanda (Fulbright), no Xapón e nos Estados Unidos (Friendship Commission Fellowship) e participou en programas de residencia en Hambidge, UCROSS, Harvestworks (todas nos Estados Unidos) e en Civitella Ranieri, na Umbría italiana (a través da Composers Now Foundation). É profesora asociada do Departamento de Artes Interdisciplinares da Universidade de Colorado, en Colorado Springs, onde ensina frauta, historia da música contemporánea, música por ordenador, improvisación e escoita profunda. 

PRAZAS: 20 persoas en cada sesión 

PERSOAS DESTINATARIAS: O obradoiro está dirixido a artistas, profesionais do sector musical e da cultura, así como a calquera persoa interesada na escoita. Non é necesario ter experiencia previa. Recomendámoslles ás persoas participantes que se vistan con roupa cómoda e se sitúen nun lugar tranquilo. 

MATRÍCULA: De balde 

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición estará aberto desde o 3 de maio ata o 12 de maio ás 12:00 horas. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.pedagogia@xunta.gal indicando o día que desexan asistir. Nela deberán incluír os seguintes datos: nome, apelidos, área estudos, traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal