Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
CICLO DE PROXECCIÓNS SOBRE PAULINE OLIVEROS

20-22 maio 2021

CICLO DE PROXECCIÓNS SOBRE PAULINE OLIVEROS

Este ciclo de cinco gravacións e películas reúne unha serie de colaboracións coa escritora IONE, ademais da mezzosoprano e artista Loré Lixenberg e o compositor experimental Frédéric Acquaviva. 

Pauline Oliveros colabora en numerosas ocasiones con IONE, tres das súas máis notables colaboracións son Dreams of the Jungfrau (1991), a ópera-danza Io and Her and the Trouble with Him (2001) e Njinga. The Queen King (1991). Esta última é unha obra escrita por IONE, con composición orixinal de Pauline Oliveros que foi, polo menos en parte, froito dunha encarga e se desenvolveu durante unha residencia de dúas semanas da artista no Yellow Springs Institute. Parte dunha investigación de IONE sobre a rexente de Angola, Nzinga Mbandi. 

IONE empezou a colaborar con Pauline Oliveros para crear esta obra de teatro en 1987. Nela fusiónanse o contemporáneo e o tradicional para narrar a historia da rexente africana do século XVII. Io and Her and the Trouble with Him conta coa colaboración da coreógrafa Joanna Haigood e é unha “peza multimedia que transporta o público cara a un tempo primixenio”. A última das colaboracións con IONE neste ciclo é Dreams of the Jungfrau, un vídeo experimental de 20 minutos filmado en Suíza e no que se fai referencia a El año pasado en Marienbad de Alain Resnais.

As dúas obras que completan este ciclo son dous videorretratos de Pauline Oliveros e IONE filmados por Acquaviva e Lixenberg. En Singterview, realizado en 2016 por Loré Lixenberg, a cantante emprega os modos operísticos para executar esta singular entrevista. Por outro lado e cunha metodoloxía propia do retrato documental, Fréderic Acquaviva filma a Pauline Oliveros mentres compón en directo no metaverso Second Life en 2011. O autor defínea como unha “película de amor”.

PROGRAMA 

20 de maio, 18:00 h Njinga the Queen King. The Return of a Warrior. Escrita e dirixida por IONE / Música e deseño sonoro de Pauline Oliveros / Ano: 1991 / Duración: 1 h 58 min

21 de maio, 18:00 h Io and Her and the Trouble with Him (A Dance-Opera in Primeval Time). Escrita e dirixida por IONE / Música e deseño sonoro: Pauline Oliveros / Coreografía: Joanna Haigood / Ano: 2001 / Duración: 48 min 

22 de maio, 18:00 h Dreams of the Jungfrau. Escrita e dirixida por IONE / Música e deseño sonoro: Pauline Oliveros / Ano: 2007 / Duración: 20 min PAULI(O)NE. Dirixida por Frédéric Acquaviva / Ano: 2011 / Duración: 23 min Singterview with Pauline Oliveros and IONE. Dirixida por Loré Lixenberg / Ano: 2016 / Duración: 13 min 

PRAZAS: 60 As proxeccións serán en versión orixinal e estarán abertas ao público nos horarios indicados. 

As persoas interesadas en ver estas pezas poden rexistrarse na recepción do CGAC ao chegar.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal