Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
SEMANA DOS MUSEOS 2021. O FUTURO DOS MUSEOS: RECUPERAR E REIMAXINAR

18-23 maio 2021

SEMANA DOS MUSEOS 2021. O FUTURO DOS MUSEOS: RECUPERAR E REIMAXINAR

O CGAC participa un ano máis na celebración do día internacional dos museos proposto polo ICOM que, baixo o lema “O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar”, invita os museos, os seus profesionais e as comunidades xurdidas arredor deles a crear, imaxinar e compartir.

En 2021 programamos actividades para diversos públicos vinculadas á música, ás artes audiovisuais, á arquitectura e ás exposicións.

OBRADOIRO EN LIÑA DE ESCOITA PROFUNDA 

18 e 19 de maio de 2021

Horario: de 18:00 a 19:30 h

Dirixe: Jane Rigler

Un obradoiro en formato de seminario web que terá lugar na plataforma Zoom os días 18 e 19 de maio, co mesmo contido para dous grupos diferentes.

As sesións recollen e difunden as metodoloxías de Deep Listening© (escoita profunda) ideadas pola artista Pauline Oliveros (Houston, Texas, 1932 - Kingston, Nova York, 2016), á que o CGAC lle dedica unha exposición retrospectiva ata o 13 de xuño de 2021. 

Pauline Oliveros inspirou a xente de todas as disciplinas a explorar colectivamente a escoita dos seus corpos, soños, lembranzas e imaxinacións. Os resultados son actuacións musicais nas que todo o público está invitado a evolucionar cos sons e onde todos os sons son benvidos.

Este obradoiro transformador propón unha exploración creativa e comunal a través de actividades sonoras e experiencias multisensoriais. Unha práctica que promove a escoita atenta de todos os sons dentro do continuo espazo-tempo.

JANE RIGLER é frautista, compositora, improvisadora e practicante certificada de Deep Listening©.

PRAZAS: 20 persoas en cada sesión

PERSOAS DESNITARIAS: O obradoiro está dirixido a artistas, profesionais do sector musical e da cultura, así como a calquera persoa interesada na escoita.
non é necesario ter experiencia previa. 

Recomendámoslles ás persoas participantes que se vistan con roupa cómoda e se sitúen nun lugar tranquilo.

MATRÍCULA: de balde

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición estará aberto desde o 3 de maio ata o 12 de maio ás 12:00 horas. 

As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.pedagogia@xunta.gal indicando o día que desexan asistir. nela deberán incluír os seguintes datos: nome, apelidos, área estudos, traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. 

As prazas cubriranse por orde de inscrición. 

Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación. 

CICLO DE PROXECCIÓNS SOBRE PAULINE OLIVEROS

Este ciclo de cinco gravacións e películas reúne unha serie de colaboracións coa escritora IONE, ademais da mezzosoprano e artista Loré Lixenberg e o compositor experimental Frédéric Acquaviva.

PROGRAMA

20 de maio, 18:00 h

Njinga the Queen King. The Return of a Warrior. escrita e dirixida por IONE / música e deseño sonoro de Pauline Oliveros / ano: 1991 / duración: 1 h 58 min

21 de maio, 18:00 h

Io and Her and the Trouble with Him (A Dance-Opera in Primeval Time). escrita e dirixida por IONE / música e deseño sonoro: Pauline Oliveros / coreografía: Joanna Haigood / ano: 2001 / duración: 48 min

22 de maio, 18:00 h

Dreams of the Jungfrau. escrita e dirixida por IONE / música e deseño sonoro: Pauline Oliveros / ano: 2007 / duración: 20 min

PAULI(O)NE. dirixida por Frédéric Acquaviva / ano: 2011 / duración: 23 min

Singterview with Pauline Oliveros and IONE. dirixida por Loré Lixenberg / ano: 2016 / duración: 13 min

PRAZAS: 60

As proxeccións serán en versión orixinal e estarán abertas ao público nos horarios indicados. as persoas interesadas en ver estas pezas poden rexistrarse na recepción do CGAC ao chegar.

RUTA O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁ

Sábado 22 de maio / Horario: de 11:00 a 13:00 h / saída desde o CGAC / actividade de balde, con inscrición previa

DIRIXE: Carmen Rey, arquitecta

O sábado 22 de maio realizaremos unha ruta arquitectónica pola cidade partindo do exterior do CGAC, onde falaremos da importancia desta primeira obra de Álvaro Siza Vieira en Santiago de Compostela. 

Continuaremos a camiñada deténdonos noutros fitos da arquitectura contemporánea Compostelá, como o conxunto de Xoan XXIII; a residencia do presidente da Xunta de Galicia, de Manuel Gallego Jorreto; a quinta Simeón, tamén coñecida como parque de Vista Alegre, con obras de César Portela, Arata Isozaki e Antón García Abril; e o Auditorio de Galicia, de Julio Cano Lasso. 

Porémoslle fin ao paseo, regresando á arquitectura de Siza, na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición está aberto desde 18 de maio ata o 19 de maio ás 13:00 horas. a actividade é de balde e para participar é necesario inscribirse con antelación enviando unha mensaxe a cgac.educacion@xunta.gal, na que se indique o nome completo, así como un teléfono e un enderezo de correo electrónico de contacto. 

As prazas cubriranse por orde de inscrición. 

VISITA GUIADA ÁS EXPOSCIÓNS

O domingo 23 de maio pecharemos a Semana dos Museos cunha visita guiada ás nosas exposicións.

O público poderá achegarse ao CGAC para gozar do seu programa de exposicións acompañado por mediadoras especializadas en arte. 

Visitaremos as mostras Cultivar incertezas: Reformular o espazo / conmocionar a mirada, Breaking the Monument (Images of Resistance), Pauline Oliveros. Retrospectiva e Pilar Albarracín. Accións peregrinas.

Para participar nesta actividade non é necesario solicitar cita previa. 

As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 horas. 

O grupo formarase por orde de chegada. as visitas terán unha duración aproximada de 50 minutos. 

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC pode variar en función dos cambios normativos relacionados coa COVID-19. 

Folleto
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal