Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.

24 outubro 2020 - 26 xuño 2021

TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES É + (2020/2021)

Horario de 11:00 a 13: 00 h O CGAC presenta a sexta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. E como vén sendo habitual pecharemos o programa cun taller dirixido ás familias. Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo…

VISITAS SEN CITA PREVIA

SEN CITA PREVIA  Durante todo o ano VISITAS GUIADAS FIN DE SEMANA   Visitas guiadas á arquitectura e á historia do CGAC O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC. Visitas guiadas ás exposicións Todos os domingos (exce…
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal