Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
Edificio CGAC

O Centro Galego de Arte Contemporánea é un espazo de difusión cultural cuxa función é dinamizar o panorama artístico actual e reflexionar sobre a diversidade das conformacións culturais na sociedade contemporánea.

Creado en 1993, este centro enmárcase dentro da política xurdida en España a partir da década de 1980 para promover o desenvolvemento de plataformas culturais e favorecer a entrada de Galicia no circuíto artístico internacional.

Desde os seus inicios, o CGAC amosou as liñas directrices da arte das últimas décadas mediante exposicións retrospectivas de artistas recoñecidos internacionalmente ao carón de exposicións dedicadas a difundir a arte galega, incluíndo tanto autores consagrados coma emerxentes. Tamén son continuas as colaboracións con outras institucións, que nesta nova etapa se verán reforzadas con proxectos a longo prazo.

Pero, ademais dun espazo expositivo, o CGAC é un centro dinámico e multidisciplinar no que se celebran ciclos de conferencias, obradoiros impartidos por artistas e incursións no campo da música, as artes escénicas e o cinema, que permiten a participación activa do público e favorecen o intercambio de ideas entre profesionais de distintos ámbitos.


GUÍA BÁSICA DO CGAC CON PICTOGRAMAS

MEDIDAS XERAIS DE SEGURIDADE E HIXIENE FRONTE Á COVID-19

A fin de garantir a seguridade dos visitantes e o persoal do museo ante a situación actual derivada da crise da COVID-19, o CGAC adaptou as súas normas xerais de acceso e circulación de acordo coa normativa vixente para os espazos públicos pechados.

  • As persoas que accedan ás instalacións do museo deberán cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias e seguir os protocolos de desinfección nos puntos habilitados á entrada do edificio. O uso da máscara é obrigatorio.
  • Limítase a un 75% a capacidade do edificio para facilitar que se manteña a distancia mínima interpersoal de 1,5 metros.

  • As persoas usuarias deberán respectar os elementos de sinalización e atender en todo momento as indicacións do persoal de seguridade do museo, que se encargará de vixiar o cumprimento das normas e de facilitar a circulación do público.

  • Os servizos de gardarroupa e consigna permanecerán pechados ata novo aviso. Non se poderá acceder ao museo con mochilas, bolsas, maletas e outros vultos de grandes dimensións. Só estará permitido o acceso con bolsos de man e mochilas que non superen os 30 x 30 cm.

  • Retiráronse temporalmente as follas de man e o material informativo en soporte impreso. Os folletos das exposicións e actividades do museo están dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web do CGAC (www.cgac.xunta.gal). Poderase acceder directamente á información en liña mediante os códigos QR situados nas salas.

  • Recoméndase evitar o contacto con calquera superficie e está expresamente prohibido tocar calquera elemento da museografía (obras, vitrinas, peañas, cartelas, etc.).

  • A cafetería estará aberta en horario de 11:00 a 13:00 h e de 16:00 a 18:00 h.

Máis información no correo electrónico cgac.prensa@xunta.gal e nos teléfonos 981 546 619,  981 546 629 o  981 546 632.

 





Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal