seminario Camilo

SEMINARIO CAMILO JOSÉ CELA: A PALABRA E A IMAXE

04 Junio 2021 - 05 Junio 2021

Nos primeiros anos cincuenta do século pasado, Miguel Delibes referíase a Camilo José Cela como “un gran escritor sen xénero, un artífice da prosa, que traballa a palabra e o estilo cun primor ao que en España non estabamos afeitos”. O presente seminario Camilo José Cela: a palabra e a imaxe parte desa convicción para introducirse na narrativa de Cela —contos, apuntamentos carpetovetónicos, libros de viaxes, relatos pseudoemblemáticos, fotorrelatos, calidoscopios, mesmo novelas—, que dialoga con pintores (Picasso, Esplandiú, Zabaleta ou Lloveras), debuxantes (Lorenzo Goñi) e fotógrafos (Wlasak, Fontserè ou Palazuelo). Conversando coas imaxes, en ocasións de modo solidario e a miúdo de modo irónico ou paródico, poxando por subverter, desde a palabra, a imaxe.

O seminario achégase tamén á lectura que dalgunha das obras mestras de Camilo José Cela fixo o cinema, á súa participación na historia do cinema español, a algunha noticia oportuna sobre El hombre y el mar e a esa fonte inesgotable de palabras e imaxes que é a revista Papeles de Son Armadans, creada por Cela en abril de 1956.

 

PROGRAMA
4 de xuño
10:00-10:30 h. Presentación da mostra Nueva York amarga e do seminario Camilo José Cela: a palabra e a imaxe, a cargo de...
10:30-11:00 h. Adolfo Sotelo Vázquez (UB - UCJC), Nova York amarga (1966): un proxecto de Camilo José Cela, Carles Fontserè e Jaume Pla
11:15 h. Visita guiada á exposición Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York amarga, a cargo de Santiago Olmo (CGAC)
12:30-14:00 h. Primeira sesión
Darío Villanueva (USC - RAE), Ricardo Franco e Mario Camus / José Luis Dibildos, lectores de Camilo José Cela
José María Paz Gago (UDC), Da facultade ao manicomio. Aventuras cinematográficas do mozo Cela
Marisa Sotelo Vázquez (UB), Cela e Picasso: proxectos compartidos. De Papeles de Son Armadans a Gavilla de fábulas sin amor
17:00-18:30 h. Segunda sesión
Ivan Rodríguez (FCJC), A obra de Camilo José Cela e a fotografía. Dous exemplos
Gemma Márquez (UB), As fotografías de Karl Wlasak: matriz estética de Viaje a la Alcarria
Isabel Rovira (UB), Viaje al Pirineo de Lérida e o relato fotográfico de Camilo José Cela: memoria e mirada
19:00-20:00 h. Terceira sesión
Lourdes Regueiro (FCJC), As cores pintan Papeles de Son Armadans
Noemí Montetes-Mairal (UB), Cando a imaxe abrocha a palabra: ilustradores e ilustracións nas principais obras de Camilo José Cela
20:00-20:30 h. Coloquio

5 de xuño
10:30-12:00 h. Cuarta sesión
Branca Ripoll (UB) De “La Puñalada” a Barcelona (1970): a colaboración de Camilo José Cela e Frederic Lloveras
Alba Guimerà (UB), De soidades e soños: Rafael Zabaleta e Camilo José Cela
Raquel Velázquez (UB), “Ninguén, coma ti, sabe interpretarme”. Camilo José Cela ilustrado por Lorenzo Goñi
12:30-13:30 h. Quinta sesión
Sonia Betancort (UCJC), “Pola cidade pulula unha fauna errante”: Camilo José Cela e Fotografías al minuto (1972)
Marta Cristina Carbonell (UB), 1966: palabra e imaxe de Madrid, en dúas miradas
13:30-14:00 h. Coloquio
14:00 h. Clausura

 

PERSOAS DESTINATARIAS: O seminario está dirixido a todas as persoas interesadas na obra e a figura de Camilo José Cela.

PRAZAS: 60 por sesión

INSCRICIÓN

Esta actividade é de balde, pero a capacidade da sala é limitada. As persoas que desexen asistir, xa sexa ao seminario completo, ao acto de presentación ou ás sesións completas de mañana o tarde. Poderán inscribirse até o 3 de xuño ás 14:00 horas enviando unha mensaxe electrónica a cgac.prensa@xunta.gal. Nela deberán facer constar os seguintes datos: nome completo, sesión ou sesións nas que lles gustaría participar, enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto.

O número de prazas disponibles para participar nas actividades do CGAC pode variar en función das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias fronte á pandemia de COVID-19.

 

DIRECCIÓN: Adolfo Sotelo (UB)

COORDINACIÓN: Carmen Hermo (CGAC)

 

Folleto da actividade

Mostra: Carles Fontseré e Camilo José Cela. Nueva York Amarga