turandot.jpg

RETRANSMISIÓN EN DIRECTO DA ÓPERA TURANDOT DE GIACOMO PUCCINI

14 Xullo 2023
21:00 h
Auditorio do CGAC
Coordinación:
Gema Baños

O CGAC foi convidado polo Teatro Real para participar na retransmisión en directo dunha das óperas máis populares da historia, Turandot, a última obra do compositor italiano Giacomo Puccini.

Esta obra narra a historia dunha fría princesa cunha misión: se os seus pretendentes non resolven tres arrevesadas adiviñas, serán condenados a morte. Cunha emocionante música, que inclúe unha das arias máis famosas de todos os tempos —“Nessun dorma”—, Turandot convértese nunha ópera imprescindible que, nesta ocasión, se acompaña dunha belísima posta en escena do xenial artista Robert Wilson.

Robert Wilson é un artista estadounidense cunha traxectoria polifacética no mundo da ópera e o teatro. Director de escena de vangarda e dramaturgo, a miúdo deseña a escenografía e a iluminación das súas producións, o que significa que visualiza non só as figuras ou personaxes que habitan o escenario, senón tamén todo aquilo que as rodea e lle confire á obra o seu significado.

 

Programa: