SESIÓNS DIDÁCTICAS EN LIÑA. DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA

SESIÓNS DIDÁCTICAS EN LIÑA PARA EDUCACIÓN PRIMARIA. DESCUBRINDO A ARTE CONTEMPORÁNEA

20 Setembro 2022 - 30 Xuño 2023
Coordinación:
Departamento de educación e actividades
Duración:
50 minutos

Nestas sesións didácticas realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes obras de arte contemporáneas deténdonos na diversidade de soportes, materias, discursos, miradas e posibilidades expresivas e experimentais da arte actual. Combinaremos a mostra de imaxes con dinámicas creativas dirixidas ao alumnado.

O obxectivo desta actividade é achegar a arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións na creación artística do seu tempo.

REQUISITOS TÉCNICOS

O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).

SOLICITUDE

A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a onlinecgac@gmail.com coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade e número de participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.

Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.

Persoas destinatarias:

Cursos de Educación Primaria