
UN LAB_REC E UN CASTING DOS DOBRES.TALLER DE ARTISTA IMPARTIDO POR OLGA MESA E FRANCISCO RUIZ DE INFANTE
En LAB_REC o corpo é un soporte narrativo, un corpo, ollo e oído que se articula ao redor de nocións de presenzas e ausencias, do real e do virtual.
En LAB_REC o lendario aquí e agora xa non existe. O taller poñerá as persoas participantes en estado de alerta para sinalar os perigos e as marabillas do mundo das percepcións altamente distorsionadas no que vivimos. Del xurdirá unha experiencia participativa que permitirá tomar conciencia da fabricación da nosa propia imaxe.
No marco da exposición Re-vision(s). Pecho os ollos e prepárome para dar o gran salto, Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante convocan vinte participantes aos que reúnen durante dúas intensas xornadas de traballo, o 18 e 19 de marzo, de 10:00 h a 14:00 h. O traballo colectivo adoptará a forma dun percorrido pola exposición e deterase en certas instalacións especificamente pensadas para seren activadas mediante performances.
Tras estas xornadas, convidaranse a dúas das persoas participantes para que continúen a aventura cunha sesión de taller complementaria o 20 de marzo, de 10:00 h a 14:00 h, co fin de preparar un programa de performance que terá lugar os tres últimos sábados dos meses de marzo, abril e maio ás 12:00h mentres a exposición estea en curso.
TRANSMISIONS E ACTIVACIONS ESPACIAIS PERFORMATIVAS DA RETROSPECTIVA DE OLGA MESA
Os sábados 25 de marzo, 22 de abril e 27 de maio
Instalacions que se activarán: Soneto 66 (hall) e El testigo secundario
(Dobre Espazo)
Hora: 12:00 h
Duración: 20-25 min.
Activadores performativos invitados: Elsa Pereira Rodríguez e Pablo García Lagoa
Introdución: Estas activacions espaciais performativas forman parte do proxecto de transmisión llevado a cabo in situ por Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante o primeiro fin de semana do 18 e 19 de marzo tras a inauguración da exposición, dentro do encontro dirixido a artistas locales Un lab_rec e un casting dos dobres.
Olga Mesa e Francisco Ruiz de Infante
O taller está dirixido a artistas profesionais ou non profesionais da danza e da performance.
O prazo de inscripción permanecerá aberto do 23 de febreiro ao 9 de marzo. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo cgac.prensa@xunta.gal, co asunto: “Taller Lab Rec CGAC”.
A mensaxe deberá ir acompañada dun documento adxunto en formato Word ou PDF, dunha páxina como máximo, que conteña unha breve biografía da persoa candidata e unha carta de motivación explicando por que ten interese en participar no taller. O documento deberá incluír ademais os seguintes datos: nome, apelidos e DNI da persoa solicitante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.