V CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS

03 Agosto 2020

Debido á crise da COVID19, a V edición de Fugas e Interferencias non se celebrará de xeito presencial nin en liña. Nesta quinta edición imos centrar todo o noso esforzo nunha publicación dos artigos que resulten seleccionados na chamada de traballos. Estes artigos se agruparán nunhas actas cun ISBN proporcionado pola Universidade de Vigo. Cremos que esta decisión é a máis conveniente para garantir a correcta continuidade do congreso sen danar a investigación que abrimos hai máis de catro anos. Este xiro temporal do congreso conta co apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela (CGAC) e a Universidade de Vigo.