
VISITAS DIDÁCTICAS EN LIÑA PARA ESO E BACHARELATO. UN ACHEGAMENTO Á ARTE CONTEMPORÁNEA: O CGAC E A SÚA COLECCIÓN
Durante as sesións realizaremos unha presentación con imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC exemplificando a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.
O obxectivo deste servizo é achegar á arte aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
REQUISITOS TÉCNICOS: O centro educativo deberá dispor do equipo técnico preciso para participar nunha reunión telemática (aula equipada cun ordenador con cámara e micro, altofalantes e pantalla).
Cursos de ESO e Bacharelato
A actividade é de balde e para participar é preciso que os centros interesados envíen unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal coa seguinte información: nome do centro educativo, curso ou idade dos participantes, día e hora en que desexan realizar a sesión, un número de teléfono e un enderezo electrónico de contacto e mais o nome da persoa responsable.
Unha vez aceptada a solicitude os centros recibirán as indicacións precisas para accederen á sesión en liña.