Néboas de luz é a segunda exposición do proxecto Unha mirada a Galicia,que invita a percorrer a nosa historia da arte máis recente a través do traballo de artistas cuxas obras se foron incorporando á Colección CGAC nas dúas últimas décadas.
- Inicio
- Busca
Busca
O contido deste curso abarca desde principios do século XX ata a Segunda Guerra Mundial, cuxo estalido constitúe a primeira gran quebra na traxectoria da cultura e da arte. Un período que xorde en distintos puntos de Europa e que supón unha das etapas máis creativas da súa historia.
Como complemento á exposición Pingas rompentes, a artista Carmen Nogueira realizará unha actividade que abrangue reflexións arredor do crecemento da cidade, os seus fluxos, a influencia do mar e a súas dinámicas.
Christian Villamide reflexiona no seu traballo sobre a construción da paisaxe, a idea de territorio e a especulación ou mercantilización dos espazos naturais.
Nesta exposición Suso Fandiño proponnos unha serie de percorridos e enlaces pouco habituais, debuxando un espazo museístico no que as obras conectan entre si creando relacións punzantes.
Durante as vacacións do Nadal, o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición Camiños II.
Con motivo da exposición Bañistas, ensaio visual de fotografía anónima atopada na que o comisario Xosé Manuel Buxán Bran recupera material fotográfico abandonado, o CGAC programa, no marco dos Talleres de Lecer, un taller de found footage dirixido por Javier Trigales.
O CGAC presenta a sétima edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil.
Coa finalidade de sensibilizar o público respecto do papel que lles corresponde aos museos no desenvolvemento da sociedade, o 18 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos. Desde 1992, o Consello Internacional de Museos (ICOM) propón un lema anual arredor do cal se reúnen todos os membros da comunidade museística internacional, calquera que sexa a súa natureza. O tema proposto para o ano 2017 é Museos e historias controvertidas: diciro indicible nos museos.
Despois de pasar polo Museo do Mar de Vigo e polo Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, esta exposición preséntase a modo de colofón dun proxecto que nas súas primeiras propostas permitiu un achegamento á colección do museo noutros espazos expositivos, ampliando así o seu impacto no noso territorio.