Ir o contido principal
MUSEOS de Galicia
NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
A Museo das Peregrinacións e de Santiago
A Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Museo de Belas Artes da Coruña
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Museo do Mar de Galicia
Museo Massó
Museo do Castro de Viladonga
Conxunto Etnográfico do Cebreiro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Museo do Viño de Galicia
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

De martes a domingo. De 11h a 20h.

 

                                                                                                     

                                                                                      

                                       

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
Galicia

CGAC
CGAC
GalegoCastellanoEnglish

Navegación principal

  • Museo
    • CGAC
    • Organigrama
    • Consello asesor
    • Servizos
    • Convocatorias
    • Transparencia
  • Visitas
  • Colección
    • Colección CGAC
    • Solicitude de imaxes
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
    • Información
    • Catálogo
    • Recursos
  • Publicacións
  • Prensa
    • Documentación
    • Novas

GalegoCastellanoEnglish
  1. Inicio
  2. Busca

Busca

BAIXADA A ESQUELA. TALLER DE SAMAÍN CON JACK MIRCALA

Na véspera do Samaín, o artista madrileño Jack Mircala chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea cargado coas súas cartolinas, lapis de cores, pegamentos, tesoiras e cutters, e disposto a desvelar os segredos que o converteron nun dos ilustradores máis orixinais do panorama español. O CGAC exhibirá asemade Baixada a Esquela, unha mostra das pequenas pezas tridimensionais que forman parte do proceso de creación deste artista. Caixas nas que constrúe escenarios a base de cartolinas e que despois fotografa —sen retoques nin trucos dixitais— para trasladar ao papel e ilustrar historias máxicas que, combinadas con textos de creación propia, nos levan a un fértil e infinito imaxinario persoal. Acompañados polo artista, os rapaces e rapazas asistentes ao taller visitarán a exposición e poderán analizar as claves do traballo de Mircala e descubrir as posibilidades dos materiais máis sinxelos e accesibles.

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2012

23- 31 outubro Organizadas conxuntamente polo Centro Galego de Arte Contemporánea, a Universidade de Santiago de Compostela, o Auditorio de Galicia e o Concello de Santiago, estas xornadas constitúen un exemplo de diálogo entre institucións esenciais da cidade de Santiago e contan tamén coas colaboracións fundamentais do Consorcio de Santiago, o Consorcio para Promoción da Música da Coruña, a Cidade de Cultura, a Xunta de Galicia, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo e o Centro Nacional de Difusión Musical.

SESIÓN DE FOTOGRAFÍA. O CGAC A TRAVÉS DO OLLO DIXITAL

21 e 26 decembro Fotografar un espazo de arte contemporánea, camiñar na procura da mirada persoal arredor das exposicións e do edificio de Álvaro Siza ou o parque de San Domingos de Bonaval é a proposta do fotógrafo Fuco Reyes (Santiago de Compostela, 1965) para esta sesión de achegamento que vincula imaxe e arquitectura.

TALLERES DE NADAL

Coa chegada do Nadal, o CGAC propón varios talleres de creación artística para nenas e nenos de 6 a 9 anos, nos que poderán explorar e experimentar a natureza a partir da exposición do artista Fernando Casás, o agora xa foi e o denantes será. A artista e educadora Paula Pellón, guiará os grupos na busca de expresións persoais e procesos artísticos coa natureza como inspiración, material de traballo e marco de acción.

SEMINARIO ARTE E SUBXECTIVIDADE

28 xaneiro - 1 febreiro O principal obxectivo do seminario Arte e subxectividade é evitar que se cree unha única vía de pensamento sobre o universo artístico. Para iso traballaremos cunha idea que considero fundamental: a política como ética e a ética como política. A ética tratada sen sentido moral e a política no sentido máis totalizador, como elemento de enfrontamento e cuestionamiento da codificación da realidade alienante e superestruturada da actualidade.

TALLER DE ARQUITECTURA EN COLABORACIÓN CO COAG E ASPANAES

Este venres, 25 de xaneiro, entre as 11 e as 13.30 horas celebraremos un taller experimental de arquitectura en colaboración co COAG (Colexio de Arquitectos de Galicia) e Asociación de Pais de Persoas con Transtorno de Espectro Autista.

FORO DAG (ASOCIACIÓN GALEGA DE DESEÑADORES)

9 febreiro O auditorio do CGAC acollerá o Foro DAG: propostas de avance para o deseño, unha iniciativa da Asociación Galega de Deseñadores dirixida a todas as persoas interesadas no deseño e no papel que este debe xogar na sociedade actual.

TALLER SEN MOVERTE DO SOFÁ. II CICLO DE TALLERES DE ARQUITECTURA

O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretende dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.

TALLER DE ARTISTA CON MIGUEL PALMA

“Convido a todos os estudantes a desenvolver ideas e a poñelas en práctica, antes de que sexa tarde”. Miguel Palma O taller comezará cunha visita á mostra que acolle o CGAC, Miguel Palma. Desconforto moderno, en compañía do propio artista. Logo de percorrer as salas de exposición, propiciarase unha conversa arredor de diversos conceptos e puntos de vista sobre a arte contemporánea. Os participantes poderán facer a súa propia peza artística —de xeito individual ou en grupo— coa axuda de Miguel Palma, mais sen directrices técnicas nin estéticas. Coproducido por Sigo torcendo

TALLER SEN MOVERTE DEL SOFÁ

O CGAC continúa a desenvolver o proxecto Sen moverte do sofá (idea orixinal de Arquitectives), un ciclo de talleres de arquitectura que pretenden dar a coñecer aos asistentes diferentes cidades coa axuda doutros compañeiros do territorio español que, coma eles, participan no proxecto.

SEBASTIÁN ROMO. A VONTADE DAS COUSAS

O artista mexicano Sebastián Romo traballa a partir das sutilezas da construción do cotián. Unha reflexión sobre a escultura e as súas relacións co espazo realizada por un prometedor artista novo

DOCUMENTAL THE GHOST OF PIRAMIDA

30 abril O CGAC acolle a presentación do documental The Ghost of Piramida, unha película de Andreas Koefoed sobre a visita que o grupo danés Efterklang realizou en Piramida, preto do Polo Norte, para crear o seu último disco. A partir das 20.30 h. Entrada de balde até completar a capacidade do auditorio.

VISITAS GUIADAS POR PROFESIONAIS DO ÁMBITO CULTURAL E ARTÍSTICO 2013

7 maio - 11 xuño Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico para as exposicións Miguel Palma: Desconforto moderno e Colección CGAC: adquisicións e incorporacións recentes.

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEOS (MEMORIA+CREATIVIDADE= PROGRESO SOCIAL)

Para celebrar o Día Internacional dos Museos diferentes museos da cidade compostelá organizan actividades de xeito conxunto. Dentro desta programación, o CGAC inicia unha nova edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, que comezará o xoves 16 de maio, e comparte co Museo do Pobo Galego o espectáculo de danza Dous espazos, tres movementos o sábado 18 de maio.

INTERMEDIALIDADES: TEATRO NO CINEMA CATALÁN

En colaboración coa Área de Filoloxía Catalá da Universidade de Santiago de Compostela organizamos un novo ciclo de cinema co obxectivo de levar a lingua e cultura catalás alén das aulas. A actividade contará coa presenza dos directores Marcel·lí Antúnez e Esteve Riambau que presentarán o seus filmes; o profesor Xosé Nogueira, Secretario do Centro de Estudos Fílmicos (CEFILMUS), que abordará o universo teatral de Joaquim Jordà e, por último, unha mesa redonda na que intervirán o catedrático de Historia do Cinema Ángel Luís Hueso, xunto os propios Antúnez, Riambau e Nogueira.

TALLER CON RICARDO BASBAUM

As conversas colectivas son accións que buscan integrar a escritura e a súa emisión sonora a través da voz e da fala, en relación cos distintos niveis discursivos que están presentes na obra de arte contemporánea. Construídas sempre en grupo, de maneira multivocal e polifónica, e buscando actuar no campo de emisión rítmica da instalación presente no espazo expositivo —xunto aos diagramas e os obxectos—, as conversas colectivas desenvólvense en tres etapas

NERD NITE

Este xoves 20 de xuño ás 22:00 horas, o CGAC colabora coa USC pechando o ciclo de lecer e coñecemento Nerd Nites en Santiago de Compostela. A cita dará comezo na cafetería do CGAC para, se o tempo o permite, subir despois á terraza e contemplar o ceo con telescopios.

TALLERES DE LECER 2013

Un verán máis, o CGAC programa os seus talleres de lecer nos meses de xullo e agosto. O obxectivo é que os nenos e nenas reflexionen sobre a importancia da arte para comprender o mundo que os rodea e que teñan a oportunidade de se implicar nos procesos creativos da man de artistas e profesionais de diferentes disciplinas culturais. Xogar, coñecer, comunicarse e experimentar cos múltiples soportes, linguaxes, técnicas e conceptos da arte máis actual.

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2013

A música contemporánea é un campo en transformación constante, as novas ideas xeran novas formas musicais que precisan novas ferramentas e iso será o que amosarán ao público estas Xornadas de Música Contemporánea que se enriquecen con achegas xurdidas en Galicia (que nos últimos anos se converteu nun activo referente neste eido coa creación de novos conxuntos especializados na música contemporánea) como as de Vertixe Sonora Ensemble, o Taller Atlántico Contemporáneo ou o recentemente creado Música Práctica. Entradas á venda

CONVERSAS COLECTIVAS

Venres, 5 de xullo, na sala de exposición terá lugar a lectura pública na que se presentarán os resultados do traballo realizado polos participantes no taller Conversas colectivas co artista Ricardo Basbaum ao longo da semana.

Paxinación

  • « Primeiro First page
  • ‹‹ Páxina anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • ›› Páxina Seguinte
  • Último » Last page

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Pausa
  • 0
  • 1

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Menú pe

  • Museo
  • Visitas
  • Colección
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
  • Publicacións
  • Prensa
CGAC
CGAC

Contacto

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela

Tel. (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal

Horario

Aberto de 11 a 20h
Entrada gratuita
Luns pechado

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Instagram
Xacobeo 2021Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet polo Centro Galego de Arte Contemporánea.

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal