Ir o contido principal
MUSEOS de Galicia
NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
A Museo das Peregrinacións e de Santiago
A Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Museo de Belas Artes da Coruña
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Museo do Mar de Galicia
Museo Massó
Museo do Castro de Viladonga
Conxunto Etnográfico do Cebreiro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Museo do Viño de Galicia
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

De martes a domingo. De 11h a 20h.

 

                                                                                                     

                                                                                      

                                       

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
Galicia

CGAC
CGAC
GalegoCastellanoEnglish

Navegación principal

  • Museo
    • CGAC
    • Organigrama
    • Consello asesor
    • Servizos
    • Convocatorias
    • Transparencia
  • Visitas
  • Colección
    • Colección CGAC
    • Solicitude de imaxes
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
    • Información
    • Catálogo
    • Recursos
  • Publicacións
  • Prensa
    • Documentación
    • Novas

GalegoCastellanoEnglish
  1. Inicio
  2. Busca

Busca

CURSO PROTOCOLOS DE ESCOITA

14 , 28 de setembro e 5 de outubro O curso preséntase como un espazo de reflexión no contexto da música contemporánea, unha viaxe atemporal na que o musicólogo Emilio Lede propón percorridos creativos pola historia da música co obxecto de desentrañar algunhas das claves que configuran a creación musical de todos os tempos.

FAMILIAR FEELINGS. SOBRE O GRUPO DE BOSTON

Retrato dun momento fundamental: o último alento da liberdade moral e sexual nacida dos sesenta, xusto antes da crise que suporía a irrupción da sida.

CINEUROPA 2013

Un ano máis o CGAC súmase a Cineuropa, o festival compostelán que neste 2013 celebra o seu 27.º anivesario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 8 e o 29 de novembro. Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival.

TALLERES DE NADAL 2013-2014

Coa chegada do nadal o CGAC presenta a súa proposta acostumada de actividades para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que terán a oportunidade de vivir e explorar a arte contemporánea da man de artistas e doutros profesionais do mundo da cultura.

CICLO DE CONVERSAS SOBRE A EXPOSICIÓN 93

Como complemento á mostra 93, coa que o CGAC celebra o seu vixésimo aniversario, o centro organiza unha serie de encontros cos artistas presentes na exposición. A través deles pretende ofrecer unha visión xeral do contexto da arte a comezos dos anos noventa.

CICLO DE CINE ITALIANO. DE MUSSOLINI A BERLUSCONI: COMA UN XOGO DE MÁSCARAS

As nove películas que conforman este primeiro ciclo de cinema do CGAC en 2014 abren as súas ás sobre o que foi o século XX italiano.

DIÁLOGOS CON CAMILO FRANCO. QUERES SER ARTE CONTEMPORÁNEA?

En máis dun sentido, interpretar a arte contemporánea é facer arte contemporánea. Incorporarse á intención ou ao discurso de cada peza é un xeito de completar a súa identidade.

CICLO DE CINE TRANSXÉNERO: NINGUÉN É PERFECTO?

Xa é curioso que un dos gags máis famosos da historia da comedia americana e universal, quizais o mellor punchline nunca escrito, fose á conta dun dos maiores tabús do século XX: a transexualidade ou, simplemente, o travestismo.

XORNADAS INSULTARTE
Insultarte é un programa completo de actividades dirixido a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación.
TALLER CON CHELO MATESANZ. SEXUALIDADE METAFÓRICA

O taller que propoñemos non pretende atender a cuestións sexuais, senón a aquelas categorías nas que a sociedade e a sexualidade atoparon lugares para afianzarse como imaxes de perpetuidade. Reconstruíndo ou reinterpretando a cita de McLuhan, poderiamos dicir que a sexualidade sería a mensaxe.

MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2014

No mes de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos e co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, comeza a V edición de Música e arte: correspondencias sonoras. O programa deste ciclo de creación, que promove o diálogo entre a música e a arte do noso tempo, ten como punto de partida as exposicións de Diego Santomé, Rosângela Rennó e Carlos León que albergará o CGAC no segundo semestre de 2014.

CICLO DE CINEMA. O CINE DO THATCHERISMO: TERRA SEN PAN

É The Iron Lady un dos actos máis obscenos do cine antipolítico dos que gardamos recordo, nacido do máis desenfadado reaccionarismo. A haxiografía de Margaret Thatcher, no seu basto acriticismo nunca suficientemente remarcado, sobrevoa de modo ladino a toda unha xeración de cineastas que utilizou a pantalla como defensa, como parapeto dende o cal exercer a autodefensa de todos os que se sentiron violentados pola contrarrevolución conservadora que a filla do tendeiro executou.

ONDE VAN OS PERSONAXES CANDO REMATA A NOVELA?

As obras de Dora García fan claramente fincapé na comunicación entre o artista e o seu público: a arte xa non representa o mundo senón que se converte en produtora de realidades, a miúdo ao límite da ficción

VISITAS GUIADAS POR PROFESIONAIS DO ÁMBITO CULTURAL E ARTÍSTICO 2014 I

Novas citas dentro do ciclo de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.

CICLO CINEMA. AS LETRAS GALEGAS A TRAVÉS DO DOCUMENTAL (2011-2014): CATRO PROPOSTAS DE GONZALO E. VELOSO

Este ciclo presenta catro traballos documentais co obxectivo de achegar a obra dos autores Lois Pereiro, Valentín Paz Andrade, Roberto Vidal Bolaño e Xosé María Díaz Castro, que protagonizaron as últimas edicións do Día das Letras Galegas. Gonzalo E. Veloso, director das catro películas, presenta ese achegamento a través de múltiples voces que percorren a vida e obra dos autores e constrúen, para cada un deles, un retrato calidoscópico único.

NOVOS USOS E PATOLOXÍAS DA IMAXE CONTEMPORÁNEA

A irrupción de internet, ou os avances tecnolóxicos que hoxe permiten e pautan o rexistro e a reprodución de imaxes e sons, provocou un xiro evidente na relación que vincula a imaxe cos seus potenciais consumidores. Entre as cuestións que esta nova dispoñibilidade trae consigo, é oportuno incidir no modo en que innumerables procedementos de xestión e difusión de imaxes a nivel industrial ou doméstico se ven hoxe ameazados por sinxelos xestos aos que a ergonomía dixital dotou dunha relevancia inesperada.

CICLO CINEMA. CHRIS MARKER: A MEMORIA DO MUNDO

Se hai un cineasta que encarna a vocación reflexiva da modernidade ese é Chris Marker (Neuilly-sur-Seine, 1921 - París, 2012). A partir do diálogo entre textos de gran poder evocador e as artes visuais, Marker concibe a imaxe en múltiples formatos e rexistros e fragua un itinerario estético que gravita sobre o que André Bazin cualificou de “cinema-ensaio”. Para Marker as imaxes constitúen a única memoria plausible do tempo, e isto incita a un cuestionamento da obxectividade que leva implícita o xénero documental. Marker manipula o filme desde a súa diéxese, e quebra os mecanismos de enunciación que privilexian a representación e o realismo para construír un edificio desde unha autoridade narrativa aberta, apelando á propia experiencia do espectador.

TALLER DE ARQUITECTURA. UN CUBO QUE FUNCIONE. A ARQUITECTURA DE ALEJANDRO DE LA SOTA.

Até o vindeiro 15 de xuño, o CGAC acolle a exposición 100 anos con Alejandro de la Sota, na que se reflexiona sobre a figura, a obra e a actualidade do legado deste mestre da arquitectura contemporánea española. A exposición reúne debuxos, bosquexos, fotografías das obras e abundante material biográfico, ademais de maquetas e mobles deseñados polo propio artista.

QUE ESTÁS VENDO? UNHA APROXIMACIÓN Á FICCIÓN TELEVISIVA NORTEAMERICANA DO SÉCULO XXI

A aparición e o auxe dos novos medios como internet ou os videoxogos a finais do século pasado provocaron que a televisión se desprazase do centro do ecosistema mediático. Os novos contornos supuxeron para os medios clásicos unha necesidade de adaptación á realidade emerxente. A televisión non foi allea a estes cambios, a estes novos consumidores de contidos chegados do mundo dixital. Foi necesaria a elaboración dunha nova estratexia para manter e aumentar o interese do telespectador, que desembocou no que algúns investigadores denominaron a terceira idade de ouro da televisión.

TALLERES DE LECER

Xa chegou o verán e con el unha nova edición dos talleres de lecer no CGAC. As actividades que imos desenvolver este ano propoñen un achegamento, baseado na experimentación, ás diferentes manifestacións artísticas contemporáneas. Cada proposta está pensada para que as persoas participantes afonden na creación contemporánea e gocen con ela, vivíndoa. Coñecer a linguaxe e as múltiplas ferramentas que se poden empregar na arte contemporánea é fundamental para ampliar a visión do mundo en que vivimos e coñecer novas canles de expresión.

Paxinación

  • « Primeiro First page
  • ‹‹ Páxina anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • ›› Páxina Seguinte
  • Último » Last page

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Pausa
  • 0
  • 1

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Menú pe

  • Museo
  • Visitas
  • Colección
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
  • Publicacións
  • Prensa
CGAC
CGAC

Contacto

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela

Tel. (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal

Horario

Aberto de 11 a 20h
Entrada gratuita
Luns pechado

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Instagram
Xacobeo 2021Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet polo Centro Galego de Arte Contemporánea.

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal