Cooprodución co Círculo de Bellas Artes, Madrid (14 abril - 22 maio 2005)
- Inicio
- Busca
Busca
O universo de Luis González Palma (Guatemala, 1957) está formado por constelacións temáticas que orbitan ao redor da súa obra nun ciclo de permanente ida e retorno. A identidade e a memoria —eixos das súas primeiras series fotográficas— son abordados desde o retrato con persistentes ecos á pintura relixiosa, ao barroco e ao prerrafaelismo. Outras temáticas que sobrevoan o seu traballo son a introspección, a intimidade, a reflexión sobre o poder e a representación do non visible: “o que non se ve cando se mira, o que non se di cando se fala”. En realidade, toda a súa obra é unha reflexión sobre a mirada, que interroga a historia e a condición humana.
Cooprodución co Schirn Kunsthalle, Frankfurt, Alemaña (30 setembro - 2 xaneiro 2005)
Entre o despuntar de Atlántica e o xurdir da Facultade de Belas Artes de Pontevedra desenvólvese en Galicia o traballo dunha importante nómina de artistas de moi diferente procedencia académica e cos máis diversos horizontes estéticos e conceptuais. Nesa paréntese fecunda loitarán por ampliar a visibilidade da súa obra en condicións adversas nunhas terras de ninguén nas que sempre será dificultoso encontrar sinais de orientación e referencia.