Ir o contido principal
MUSEOS de Galicia
NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
A Museo das Peregrinacións e de Santiago
A Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Museo de Belas Artes da Coruña
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Museo do Mar de Galicia
Museo Massó
Museo do Castro de Viladonga
Conxunto Etnográfico do Cebreiro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Museo do Viño de Galicia
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

De martes a domingo. De 11h a 20h.

 

                                                                                                     

                                                                                      

                                       

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
Galicia

CGAC
CGAC
GalegoCastellanoEnglish

Navegación principal

  • Museo
    • CGAC
    • Organigrama
    • Consello asesor
    • Servizos
    • Convocatorias
    • Transparencia
  • Visitas
  • Colección
    • Colección CGAC
    • Solicitude de imaxes
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
    • Información
    • Catálogo
    • Recursos
  • Publicacións
  • Prensa
    • Documentación
    • Novas

GalegoCastellanoEnglish
  1. Inicio
  2. Busca

Busca

EN CONSTRUCIÓN

As estreitas relacións entre arte e arquitectura ao longo do século XX converteron a idea de construción nunha clave imprescindible para comprender a nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa, pero sobre todo coa vivencia práctica do obxecto artístico. O propio acto creativo xorde do que podemos definir como un impulso construtivo. A idea de construción vincúlase á arquitectura, pero tamén moi estreitamente á escultura, á pintura e ao debuxo así como a unha certa concepción do obxecto como deseño e moi particularmente á instalación.

NICOLÁS COMBARRO. FORMA, ACCIÓN

Nicolás Combarro (A Coruña, 1979) pertence a unha nova tipoloxía de artista que traballa coa fotografía. Na súa obra, centrada na arquitectura e na idea de construción, conviven, retroalimentándose, a práctica da documentación e a intervención, entendida esta última como acción no espazo e na paisaxe.

COLECCIÓN CGAC 25

En 2018, ano en que se celebra o 25.º aniversario da inauguración do edificio do CGAC, a súa colección, que arranca en 1995 froito da conxunción de novas adquisicións con depósitos pertencentes á Xunta de Galicia, preséntase como o poderoso eixe vertebrador dun proxecto artístico e cultural integral para Galicia. O CGAC desempeña en Galicia a función dun museo nacional de arte contemporánea. Isto significa que é a institución máis e mellor capacitada para construír historia(s) da arte desde unha perspectiva pública, o que obriga a unha vocación de actividade investigadora, experimental, de estudo e de análise crítica.

Biblioteca Información

A biblioteca do CGAC, situada na primeira planta, conta cunha colección especializada en arte e cultura contemporánea.

BLEDA Y ROSA: XEOGRAFÍA DO TEMPO

Bleda y Rosa. Xeografía do tempo reúne vinte e cinco anos do traballo fotográfico de María Bleda (Castellón, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) articulándoo arredor da serie Campos de batalla: un proxecto iniciado en 1994 e finalizado recentemente mostrado ao público ao completo por primeira vez.

JULIÃO SARMENTO. WITHOUT

O traballo de Julião Sarmento (Lisboa, 1948) formalízase desde o fronteirizo.

JAVIER RIERA. BONAVAL

A construción do edificio do CGAC realizouse paralelamente e en diálogo coa transformación da antiga horta do convento de San Domingos de Bonaval nun parque a través da colaboración de Álvaro Siza Vieira e a paisaxista galega Isabel Aguirre. A modo de celebración desta radical e decisiva transformación urbana da cidade de Santiago, Javier Riera (Avilés, Asturias, 1965) concibiu un breve paseo polo parque de Bonaval á noitiña: cando se apaga o sol a escuridade deixa aparecer sobre as árbores formas e xeometrías a través de proxeccións que crean un instante escenográfico. No interior do museo e para completar a visión do seu traballo, o artista presenta diversas proxeccións xunto a dous libros das súas recentes cianotipias, que conectan co desenvolvemento das imaxes proxectadas. Asemade, no Espazo de Proxectos, amosarase unha selección de intervencións lumínicas en espazos naturais nas que se pode apreciar o paso do tempo do día á noite.

LORETO MARTÍNEZ TRONCOSO. VESTIGES D'UN ICI, VESTIXIOS DE SI

O impulso creativo de Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) aparece tras a linguaxe e ten lugar na acción como lugar privilexiado desde o que explorar as densas relacións da performance coa súa propia historicidade, co seu presente.

ANGELA DE LA CRUZ. HOMELESS

Angela de la Cruz (A Coruña, 1965) leva dúas décadas experimentando coa linguaxe da pintura. A artista tentou redefinir os termos e os límites do medio desde que comezou, centrándose na pintura como obxecto e en termos do que ela pode representar.

RENÉ HEYVAERT

A obra de René Heyvaert (Gante, 1929 - Scheldewindeke, 1984) é sobria, sinxela e á vez extraordinariamente complexa, ligada tanto ás vangardas históricas como ás súas propias circunstancias vitais. Reflicte a mirada dun artista experimental que tentou buscar, ao clima que deixou a posguerra mundial, unha saída humana na que arte e vida se reconcilian propiciando una certa idea visionaria dunha utopía humilde.

MIRADA PAÍS

Con motivo do ciclo Mirada país, que acollen o CGAI (A Coruña) e o CGAC (Santiago de Compostela) entre o 6 de novembro e o 20 de decembro, o museo presenta, en formato exposición, unha selección de pezas pertencentes á súa colección, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos, que completan as películas proxectadas nas sesións.

ÂNGELA FERREIRA. POUCO A POUCO

Desde o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano. Por unha parte, céntrase nos vestixios arquitectónicos do século XX, tan intimamente vinculados ao modernismo, e, por outra, nas promesas da arte e do cine como instrumentos de emancipación crítica para pensar e poñer en práctica renovadas utopías.

MAX DE ESTEBAN. 20 RED LIGHTS

O proxecto 20 Red Lights é un ensaio político, que desvela as implicacións da financialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal, un tema de suma importancia no contexto da nosa cultura global que merece unha reflexión rigorosa desde a arte.

COLECTIVA DUN COLECTIVO

Colectiva dun colectivo é o resultado do proxecto Na varanda, un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela. A cidadanía eríxese así nun axente máis dos procesos culturais da súa contorna creando contidos que xa forman parte da programación CGAC.

I Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

No ano do seu 25º aniversario, o Centro Galego de Arte Contemporánea c

Paxinación

  • « Primeiro First page
  • ‹‹ Páxina anterior
  • …
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Pausa
  • 0
  • 1

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Menú pe

  • Museo
  • Visitas
  • Colección
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
  • Publicacións
  • Prensa
CGAC
CGAC

Contacto

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela

Tel. (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal

Horario

Aberto de 11 a 20h
Entrada gratuita
Luns pechado

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Instagram
Xacobeo 2021Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet polo Centro Galego de Arte Contemporánea.

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal