O impulso creativo de Loreto Martínez Troncoso (Vigo, 1978) aparece tras a linguaxe e ten lugar na acción como lugar privilexiado desde o que explorar as densas relacións da performance coa súa propia historicidade, co seu presente.
- Inicio
- Busca
Busca
Angela de la Cruz (A Coruña, 1965) leva dúas décadas experimentando coa linguaxe da pintura. A artista tentou redefinir os termos e os límites do medio desde que comezou, centrándose na pintura como obxecto e en termos do que ela pode representar.
A obra de René Heyvaert (Gante, 1929 - Scheldewindeke, 1984) é sobria, sinxela e á vez extraordinariamente complexa, ligada tanto ás vangardas históricas como ás súas propias circunstancias vitais. Reflicte a mirada dun artista experimental que tentou buscar, ao clima que deixou a posguerra mundial, unha saída humana na que arte e vida se reconcilian propiciando una certa idea visionaria dunha utopía humilde.
Con motivo do ciclo Mirada país, que acollen o CGAI (A Coruña) e o CGAC (Santiago de Compostela) entre o 6 de novembro e o 20 de decembro, o museo presenta, en formato exposición, unha selección de pezas pertencentes á súa colección, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos, que completan as películas proxectadas nas sesións.
Desde o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano. Por unha parte, céntrase nos vestixios arquitectónicos do século XX, tan intimamente vinculados ao modernismo, e, por outra, nas promesas da arte e do cine como instrumentos de emancipación crítica para pensar e poñer en práctica renovadas utopías.
O proxecto 20 Red Lights é un ensaio político, que desvela as implicacións da financialización dixital da economía e a súa relación coa radicalización da axenda neoliberal, un tema de suma importancia no contexto da nosa cultura global que merece unha reflexión rigorosa desde a arte.
Colectiva dun colectivo é o resultado do proxecto Na varanda, un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela. A cidadanía eríxese así nun axente máis dos procesos culturais da súa contorna creando contidos que xa forman parte da programación CGAC.
No ano do seu 25º aniversario, o Centro Galego de Arte Contemporánea c
Paxinación
- « Primeiro First page
- ‹‹ Páxina anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47