Ir o contido principal
MUSEOS de Galicia
NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
A Museo das Peregrinacións e de Santiago
A Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A Museo de Belas Artes da Coruña
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Museo do Mar de Galicia
Museo Massó
Museo do Castro de Viladonga
Conxunto Etnográfico do Cebreiro
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Museo do Viño de Galicia
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

De martes a domingo. De 11h a 20h.

 

                                                                                                     

                                                                                      

                                       

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
Galicia

CGAC
CGAC
GalegoCastellanoEnglish

Navegación principal

  • Museo
    • CGAC
    • Organigrama
    • Consello asesor
    • Servizos
    • Convocatorias
    • Transparencia
  • Visitas
  • Colección
    • Colección CGAC
    • Solicitude de imaxes
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
    • Información
    • Catálogo
    • Recursos
  • Publicacións
  • Prensa
    • Documentación
    • Novas

GalegoCastellanoEnglish
  1. Inicio
  2. Busca

Busca

CICLO DE CONFERENCIAS: MENTRES SUCEDE. DERIVAS DO PRESENTE

Mentres sucede. Derivas do presente pretende dar respostas sobre os lugares e as ideas da creación, nun ciclo de conferencias que xira sobre as distintas visiónsdo mundo artístico contemporáneo: Cales son as novas etiquetas do presente? Como resiste a crítica? Por que seguimos a desexar marcar novas tendencias? Cales son os novos desafíos do museo e as galerías? Como se ve e se escribe fronte e desde o presente?

TALLER CON LUÍS DÍAZ DÍAZ. FOTOGRAFANDO O ESPAZO HABITADO.

Neste obradoiro, dirixido a afeccionados e a profesionais do medio fotográfico, da arquitectura e do deseño, estudaremos os códigos técnicos e visuais propios da fotografía arquitectónica e realizaremos un exercicio práctico que consistirá nunha reportaxe sobre o edificio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza.

SEMANA DOS MUSEOS. MUSEOS PARA UNHA SOCIEDADE SUSTENTABLE

Co motivo do Día Internacional dos Museos o 18 de maio, o CGAC programa durante toda a semana, actividades de diversas disciplinas. Comezamos o luns cunha xornada de portas abertas. E ao longo destes días de celebración, o público poderá gozar ademais, dunha proposta de geocaching á busca de mensaxes ocultas, un taller co artista Luis Díaz Díaz dirixido a fotógrafos, unha conversa sobre o cinema occidental e oriental a cargo de José Manuel López, unha conferencia sobre literatura impartida por Carme Riera, unha sesión de música improvisada con sesión vermú na zona da cafetería e un concerto de música contemporánea.

MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 I
O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, convertido nun referente da creación musical contemporánea internacional, conta coa participación de composito
MASTER CLASS DE IMPROVISACIÓN E MÚSICA ELECTRÓNICA

O saxofonista, compositor e profesor Jorrit Dijkstra impartirá unha clase maxistral durante dous días na que abordará formas de improvisación colectiva en formato ensemble. A actividade xirará arredor dun conxunto de exercicios sobre técnicas de improvisación nos que os participantes poderán aprender a tocar nun grupo reforzando a súa comunicación. Poderán elaborar formas musicais no aquí e o agora, partindo dunha simple melodía, dunha canción ou da nada.

GILBERTO ZORIO

Logo das retrospectivas dedicadas a Giovanni Anselmo (1995) e Giuseppe Penone (1999), o CGAC acollerá unha exposición en colaboración co MAMbo (Museo d’Arte Moderna di Bologna), que percorrerá a traxectoria creativa de Gilberto Zorio —recoñecido expoñente da arte povera a nivel internacional— desde os seus inicios até a actualidade.

Inicio
VISITAS GUIADAS POR PROFESIONAIS DO ÁMBITO CULTURAL E ARTÍSTICO 2015 II

En plena primavera chegan novas citas do Programa de visitas guiadas conducidas por profesionais do ámbito cultural e artístico.

CINE DE VERÁN. A LOITA POLA AFIRMACIÓN. CICLO DE CINE AUSTRALIANO

Os mércores e xoves do mes de xullo e en colaboración co Centro de Linguas Modernas da USC, a Embaixada de Australia e ASBA (Australia Spain Business Association), o CGAC programa, baixo as estrelas, sete películas dos cineastas Stephan Elliott, Bruce Beresford, David Michôd, Peter Weir, Ray Lawrence, Ted Kotcheff e Simon Wincer.

TALLERES DE LECER 2015

Estes talleres ofrécenlles aos máis novos unha oportunidade única para establecer contacto directo con profesionais de diferentes ámbitos da cultura e da arte, ao tempo que promoven o coñecemento activo dalgúns dos procesos de creación característicos do noso tempo.

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2015

O CGAC participa na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.

WOS INC 2015

WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais

MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 II

No mes de setembro comeza a segunda parte da edición de 2015 do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo cuxo obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical. Con este fin, Vertixe Sonora encárgalle á actual xeración de compositores obras especificamente creadas a partir das exposicións do CGAC.

EL DOCUMENTAL DEL MES 2015

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.

CICLO DE CONFERENCIAS. MEMORIA E ARQUIVO

Coincidindo coa exposición Arissa. A sombra e o fotógrafo. 1922-1936, o CGAC presenta un ciclo de intervencións e comunicacións que abordarán como a investigación e valorización de distintos arquivos fotográficos históricos permitiu establecer unha nova lectura e interpretación de diversos autores.

CURSO CINEMA. A ORIXE DO SÉCULO XXI. TRANSFORMACIÓN DA IMAXE E DO CINEMA CONTEMPORÁNEOS (1990-2010)

A chegada do século XXI non só non supuxo a enésima morte do cinema senón que inaugurou a última (polo de agora) das súas moitas vidas. Unha nova etapa de apaixonantes transformacións non só tecnolóxicas (cinema dixital, 3D, distribución por Internet...) senón tamén xeográficas (eclosión de Asia, da América latina ou dos países do Leste), de cambios no propio estatuto das imaxes (imaxe dixital fronte a imaxe fílmica) ou na súa imparable expansión cara a outras pantallas (computadores ou dispositivos portátiles pero tamén museos ou galerías de arte).

CURTOCIRCUITO 2015

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na sú

IN SEARCH OF THE MIRACULOUS. TRINTA ANOS DESPOIS

O proxecto In Search of the Miraculous: trinta anos despois céntrase no derradeiro episodio dunha vida creativa que estivo marcada polo risco e pola aventura: o Ocean Wave, o bote no que o artista Bas Jan Ader se dispuxo a desafiar a natureza atá as súas últimas consecuencias na súa obra póstuma en xullo de 1975, foi atopado meses despois, semiafundido, no caladoiro do Gran Sol, polo barco pesqueiro Eduardo Pondal, con base no porto da Coruña. Este acontecemento resulta fundamental para comprender as circunstancias da súa desaparición e constitúe o núcleo da exposición proposta.

TALLER DE PROCESOS DE RECURSOS CREATIVOS CON JAVIER VALLHONRAT. EXPLORANDO O PROCESO.

Entendo todo proxecto artístico como un espazo complexo onde se activan e interactúan múltiples argumentos e tramas conceptuais, formais e vitais. Estes contidos e tramas necesitan ser activados desde o exercicio da creatividade, entendida como un conxunto de capacidades e procesos que despregamos a través da exploración, a experimentación e o xogo.

CINEUROPA 2015

Entre o 6 e o 29 novembro volve o festival Cineuropa, este ano na súa 29.ª edición. Como vén sendo habitual o CGAC converterase nunha das súas sedes e acollerá parte da súa programación fílmica.

Paxinación

  • « Primeiro First page
  • ‹‹ Páxina anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • ›› Páxina Seguinte
  • Último » Last page

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Pausa
  • 0
  • 1

Ligazóns destacadas

Foto da biblioteca

Recursos bibliotecarios

Visitas guiadas

Visitas guiadas

Menú pe

  • Museo
  • Visitas
  • Colección
  • Exposicións
  • Actividades
  • Biblioteca
  • Publicacións
  • Prensa
CGAC
CGAC

Contacto

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela

Tel. (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal

Horario

Aberto de 11 a 20h
Entrada gratuita
Luns pechado

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Instagram
Xacobeo 2021Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet polo Centro Galego de Arte Contemporánea.

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal