Carrusel de cabeceira

Vista dunha colección
Vista dunha colección
Vista dunha colección
Vista dunha colección
Vista dunha colección
Vista dunha colección
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Colección CGAC

A colección permanente do CGAC creouse en 1995 e, desde entón, non deixou de se enriquecer con incorporacións de obras procedentes do contexto galego e internacional, con especial atención aos artistas españois, portugueses e latinoamericanos.

Os seus fondos fóronse incrementando grazas a unha política de adquisicións coherente, baseada en criterios de calidade e diversidade, e na actualidade conta con máis de 1.300 pezas adquiridas con cargo aos orzamentos anuais da institución ou ben mediante doazóns de coleccionistas particulares, institucións ou artistas.

A colección está constituída fundamentalmente por obra de artistas que viron  consolidada a súa traxectoria a partir da segunda metade do século vinte e algunhas das súas obras emblemáticas foron concibidas especificamente para os espazos do CGAC.

O centro alberga, ademais, fondos procedentes dalgunhas coleccións da Xunta de Galicia e da Colección Polígrafa, e o depósito da Colección Carlos Areán e da Colección Zúmel.

O elevado número de préstamos solicitados por outras institucións é, sen dúbida, o mellor indicador da calidade e relevancia conseguidas pola política de adquisicións e depósitos desenvolvida até hoxe polos sucesivos equipos directivos do centro.

Para calquera consulta sobre a colección CGAC, pode dirixirse ao departamento de rexistro e colección: