IV EDICIÓN DO PREMIO CGAC DE INVESTIGACIÓN E ENSAIO SOBRE ARTE CONTEMPORÁNEA

Xoves, 20 de Maio do 2021

O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca a cuarta edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea co fin de promover a produción de pensamento sobre arte contemporánea en lingua galega.

O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros ademais da súa publicación en forma de libro dentro dalgunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro.

Composición do xurado:

Resolución da Secretaría Xeral de Cultura pola que se designan as persoas membros do xurado para a concesión do IV Premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea.

Por Orde do 20 de maio de 2021 (DOG núm. 104 do 4 de xuño) convócase o IV Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea así como as bases que regulan a súa concesión.

No artigo 12 da orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.

En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo 12.2 da Orde da convocatoria, 

Resolvo:

Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do IV premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea ás seguintes persoas: 

Presidente:

  • Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).  

Vogais: 

  • Silvia García González, profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. 
  • Federico Antonio López Silvestre, profesor da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. 
  • Ángel Calvo Ulloa, crítico e comisario independente. 

Secretaria:

  • Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.