VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporáneo
Concretamente o Centro Galego de Arte Contemporánea (en diante, CGAC) é un centro de arte de titularidade autonómica, dependente da consellería, entre cuxos fins se atopan a realización de mostras de carácter temporal, así como outras actividades encamiñadas á investigación e divulgación da arte contemporánea entre a poboación galega e o perfeccionamento da sensibilidade estética de Galicia.
O CGAC de acordo co disposto na súa norma de creación, artigo 3.1.a) do Decreto 308/1989, do 28 de decembro, actualizado polo Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é un centro artístico-técnico para exposicións, documentación e promoción da creación artística, e ten entre as súas funcións promover o coñecemento e o acceso do público en xeral á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións e favorecer a comunicación social das artes plásticas, realizando habitualmente un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea, recollendo e documentando tanto as súas actividades e proxectos expositivos como a colección propia.
Constatada a escaseza actual de canles especializadas en Galicia para publicar textos sobre arte contemporánea, mediante esta convocatoria o CGAC pretende promover a investigación e a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega apoiando ao mesmo tempo a creación nesta lingua.
1. Para a valoración dos textos constituirase un xurado formado por un máximo de 5 membros de acordo coa seguinte composición:
a) Presidente/a: a persoa titular da dirección do CGAC.
b) Vogais: tres personalidades de recoñecido prestixio do medio artístico-literario.
c) Un/unha secretario/a, con voz e sen voto, elixido/a entre o persoal ao servizo do CGAC.
2. Os membros do xurado serán designados pola persoa titular da Dirección Xeral de Cultura e publicarase no prazo máximo de vinte (20) días desde a publicación desta orde na páxina web do CGAC (http://cgac.xunta.gal/).
Resolución del Secretario Xeral de Cultura pola que se designan as persoas membros do xurado para a concesión do VI Premio CGAC de investigación e ensaio en arte contemporánea.
Por orde do 21 de abril de 2023 (DOG nº. 85 do 4 de maio) convócase o VI Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea así como as bases que regulan a súa concesión.
No artigo 13 da orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.
En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo 13.2 da Orde da convocatoria,
Resolvo:
Primeiro: Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do V premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ás seguintes persoas:
Presidente: Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Vogais: Juan Manuel Monterroso Montero, Catedrático de Historia de Arte da USC.
Rebeca Baceiredo Pérez, Licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía.
Almudena Fernández Fariña, artista e profesora titular da Facultade de Belas artes de Pontevedra (Uvigo).
Secretaria: Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC.