- Inicio
- Publicacións
Publicacións
Desde a súa inauguración, o Centro Galego de Arte Contemporánea mantén unha intensa actividade editorial que se reflicte sobre todo nos seus catálogos de exposicións e monografías, pero tamén nunha liña paralela de publicacións que recompilan outros documentos e materiais incorporados ao seu fondo editorial a partir dos encontros e sinerxías xerados pola actividade do centro.
Así mesmo, o departamento de publicacións do CGAC, baseado nun modelo no que priman o diálogo e a colaboración cos diferentes axentes do mundo da arte, presta especial atención ás posibilidades creativas da edición, traballando directamente cos artistas na concepción e realización de obras en soporte editorial.
O catálogo de publicacións do centro contribúe a documentar e divulgar a súa actividade, a afondar no estudo da arte contemporánea e a difundir nos circuítos internacionais da arte o traballo de artistas, críticos e comisarios.
As publicacións do CGAC pódense adquirir a través do portal web da Libraría institucional da Xunta de Galicia e na Librería especializada situada dentro do centro.
Paxinación
- « Primeiro First page
- ‹‹ Páxina anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19