Carrusel de cabeceira

Visitas
Visitas
Visitas
Visitas
Pausa
  • 0
  • 1
  • 2
  • 3

Visitas

Todas as visitas son de balde.

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.

 
 

NORMAS DE ACCESO

  • Non se permite o acceso ás instalacións do CGAC con maletas con rodas, equipamento deportivo, nin bolsas ou mochilas de tamaño superior a 30 cm x 30 cm.

  • O CGAC dispón de taquillas para gardar os bultos dos visitantes, que non superen as medidas 30 cm x 30 cm, mentres fan o percorrido polo centro.

  • Os nenos e as nenas deben ir acompañados dunha persoa adulta en todo momento.

  • O desaloxo das salas comeza 10’ antes da hora do peche.

Permítese tomar fotografías nas salas unicamente con cámaras de man. Non se permite o uso de flashes, trípodes nin paus selfie.Non está permitido gravar imaxes de vídeo con ningún dispositivo no edificio, salvo autorización previa da xerencia ou do Departamento de Prensa do centro.

Os teléfonos móbiles deberán permanecer en silencio durante a visita ás exposicións.
Por motivos de seguridade, non está permitido o acceso ás salas de exposición con mochilas, bolsos de grandes dimensións, bolsas de deporte ou de viaxe, maletas, maletíns, paraugas, trípodes e obxectos similares. O centro dispón de servizo de gardarroupa e armarios para depositar os efectos persoais durante a visita.
Non está permitido o acceso ás salas con comida ou bebida.
Non está permitida a entrada de animais, salvo cans guía.
Non está permitido fumar no interior do edificio.

 

ACCESIBILIDADE

O edificio está equipado con ascensores e aseos adecuados para o uso de persoas con mobilidade reducida.

GUÍA BÁSICA DE INFORMACIÓN DO CGAC EN PICTOGRAMAS

VÍDEO INFORMATIVO SOBRE O CGAC EN LENGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA (LSE)