Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  
cgac.educacion@xunta.gal
cgac.pedagogia@xunta.gal

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.

8 Novembro 2013 - 29 Novembro 2013

Un ano máis o CGAC súmase a Cineuropa, o festival compostelán que neste 2013 celebra o seu 27.º anivesario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 8 e o 29 de novembro. Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival.

28 Xuño 2012

O auditorio do CGAC acollerá o vindeiro xoves, 28 de xuño ás 21 horas a proxección do filme documental N-VI de Pela del Álamo. A fita, producida por Diplodocus Producións, é un percorrido polos seiscentos quilómetros da estrada nacional que durante anos conectaron Galicia e Madrid.

16 Novembro 2010 - 3 Decembro 2010

COLABORACIÓN CON CINEUROPA 16 novembro - 3 decembro O CGAC acollerá en vindeiras semanas varias proxeccións de documentais sobre artistas plásticos portugueses e españois. O ciclo intégrase dentro da programación de Cineuropa, festival co que o centro volve colaborar nesta XXIV edición.As fitas seleccionadas son un total de dez e as súas proxeccións, con entrada de balde, terán lugar no Auditorio do CGAC, entre o martes 16 de novembro e o…

30 abril O CGAC acolle a presentación do documental The Ghost of Piramida, unha película de Andreas Koefoed sobre a visita que o grupo danés Efterklang realizou en Piramida, preto do Polo Norte, para crear o seu último disco. A partir das 20.30 h. Entrada de balde até completar a capacidade do auditorio.

Un ano máis o CGAC únese a celebración de Cineuropa, o festival cinematográfico compostelán que neste 2011 cumpre o seu 25 aniversario. As proxeccións terán lugar no auditorio do centro entre o 15 de novembro ao 2 de decembro. Podedes consultar toda a información sobre horarios e títulos no sitio web do festival.

En colaboración co Festival Internacional de cine euroárabe de AMAL o CGAC acollerá o ciclo de curtametraxes experimentais entre o 22 e o 23 e do 25 ao 29 de outubro. As proxeccións terán lugar , de xeito ininterrompido, de 16 e as 20 horas no auditorio do centro. Entrada libre até completar aforo.

O ciclo Cines de Afganistán ten entre os seus obxectivos omitir os imaxinarios sociais a miúdo instrumentalizados a través dos patróns visuais que impoñen os medios de comunicación convencionais, cuxa percepción, en canto se refire ás mulleres afgás, tende a segregar as distintas realidades e situacións que viven e, en consecuencia, a afogar as resistencias como posibilidades para xerar un futuro propio.