Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  
cgac.educacion@xunta.gal
cgac.pedagogia@xunta.gal

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.

8 Outubro 2023
13:00 h

Curtocircuíto é un festival internacional que xurdiu en 2003 por iniciativa do Concello de Santiago de Compostela coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe e que se foi consolidando pouco a pouco ata converterse nunha das citas de referencia para a creación cinematográfica independente en España.

8 Outubro 2022
16.00 h

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cinema Curtocircuíto na súa 19ª. edición.

O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

28 Setembro 2022 - 30 Setembro 2022
Horario: 19:00 h

A exposición Nalgures subliña a atención de Narelle Jubelin (Sidney, Australia, 1960) sobre aquelas realidades que a linealidade da historia oficial esquece. Con esa vontade, abraza as subalternidades duns e doutros contextos, propios e alleos, para revisar memorias que nos permitan definir a nosa actitude diante deses feitos.

20 Maio 2021 - 22 Maio 2021

Este ciclo de cinco gravacións e películas reúne unha serie de colaboracións coa escritora IONE, ademais da mezzosoprano e artista Loré Lixenberg e o compositor experimental Frédéric Acquaviva.

12 Decembro 2020 - 19 Decembro 2020
19:30 h

Este nadal, o CGAC presenta unha selección das mellores curtametraxes producidas no Reino Unido en 2019.

Froito da colaboración entre o British Council e a British Academy of Film and Television Arts, BAFTA Short Film 2019 é un programa dedicado a promocionar internacionalmente as curtas británicas máis destacadas do ano.

10 Febreiro 2020 - 18 Febreiro 2020

Do 10 ao 18 de febreiro de 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición da Maratón Internacional de Creación de Curtometraxes, unha cita anual que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.

28 Setembro 2019 - 6 Outubro 2019

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 16ª edición.O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

19 Xuño 2019 - 20 Xuño 2019

19 e 20 de xuño ás 19:00 h Auditorio do CGAC Entrada libre e gratuítaManthia Diawara (Bamaco, Malí, 1953) é cineasta e teórico cultural. Formado na República de Guinea e París, viaxa a Estados Unidos onde exerce como docente e desenvolve unha ampla obra fílmica e ensaística. Gran parte da súa investigación céntrase no estudo da cultura da diáspora africana.

4 Xullo 2019 - 4 Xuño 2019

Xoves, 4 de xullo ás 19:30 h Auditorio do CGACDavid Lamelas é unha figura clave da arte conceptual e un dos grandes protagonistas da escena artística arxentina na década dos sesenta. Desde os seus inicios, a súa obra distinguiuse por unha singular capacidade para adaptarse a distintos contextos, xa fosen artísticos, arquitectónicos ou xeográficos, en cidades como Londres, Bruxelas, París, Milán, Los Angeles, Nova York ou Berlín.