
Antes viaxabamos por estradas que atravesaban lugares habitados. Hoxe, aquelas estradas foron substituídas por autoestradas illadas da paisaxe que atravesan. Co recordo daquelas viaxes familiares eternas que requirían cruzar a meseta, Pela del Álamo traza unha ruta de Madrid á Coruña para se internar no submundo actual da estrada nacional N-VI. Entre o punto de partida e de chegada se amosa como fican atrás aqueles lugares de paso e que foi das persoas que aínda viven aló.
Entrada libre até completar localidades