Captura de pantalla 2022-06-01 a la(s) 14.54.16.png

POÑER O FOCO. XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2022

01 June 2022 - 22 June 2022

As Xornadas de Música Contemporánea teñen o obxectivo de promover e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñéndoa en valor ao carón dos xa considerados clásicos do século XX.

Nesta edición das xornadas mantemos a mesma liña de traballo e colaboración institucional que caracterizou as edicións precedentes e así, ademais da Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Concello de Santiago de Compostela a través do Auditorio de Galicia, contamos de novo coa aportación da Deputación da Coruña, do Consorcio de Santiago e doutras institucións musicais locais.

Neste 2022 as Xornadas contan coa participación da JONDE, Joven Orquesta Nacional de España, como Orquestra Residente. Os máis novos e novas, arredor do lema ‘Poñer o foco’, repasarán a música contemporánea en dous concertos de ensemble contemporáneo, en colaboración co PluralEnsemble, e tres de cámara. Será un paseo polos últimos 25 anos de parte da creación musical contemporánea no que os instrumentos clásicos da JONDE se mesturarán coas novas tecnoloxías, ao igual que pasará no resto das propostas que completan o programa. Compositoras e compositores de varias xeracións con estéticas e camiños ben diferentes conflúen en varios programas nos que a electrónica, o vídeo ou a danza terán un papel relevante.

 

Programme:

PROGRAMA NO CGAC

8 xuño

19:00h

CONVERSA CO COMPOSITOR DIEGO JIMENEZ

20:30h

CONCERTO DE MARÍA DOMÍNGUEZ – PASAKA

Entre outras obras poderáse escoitar : Vaporwave, deadly lazers and crab raves para keytar e electrónica (2022) (Encargo de María Domínguez para as Xornadas. Estrea absoluta)

PROGRAMA DAS XORNADAS