VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea

Wednesday, 16 de April do 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao que corresponden as competencias en materia de fomento da cultura e da creación e difusión cultural en Galicia, competencias que ten asignadas en virtude do establecido no artigo 27.19 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia, e que se concretan, entre outras, no fomento e na promoción da cultura, a contribución ao desenvolvemento do libro, a colaboración na promoción da plástica, a danza, a música, a imaxe e o son e as artes líricas e coreográficas.

Concretamente o Centro Galego de Arte Contemporánea (en diante, CGAC) é un centro de arte de titularidade autonómica, dependente da consellería, entre cuxos fins se atopan a realización de mostras de carácter temporal, así como outras actividades encamiñadas á investigación e divulgación da arte contemporánea entre a poboación galega e o perfeccionamento da sensibilidade estética de Galicia.

O CGAC, de acordo co disposto na súa norma de creación, artigo 3.1.a) do Decreto 308/1989, do 28 de decembro, actualizado polo Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, é un centro artístico-técnico para exposicións, documentación e promoción da creación artística, e ten entre as súas funcións promover o coñecemento e o acceso do público en xeral á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións, e favorecer a comunicación social das artes plásticas, realizando habitualmente un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea, recollendo e documentando tanto as súas actividades e proxectos expositivos como a colección propia.

Composición do xurado:

1. Para a valoración dos textos constituirase un xurado formado pomembros de acordo coa seguinte composición:

a) Presidente/a: a persoa titular da dirección do CGAC.

b) Vogais: tres personalidades de recoñecido prestixio do medio artístico-literario.

c) Un/unha secretario/a, con voz e sen voto, elixido/a entre o persoal ao servizo do CGAC.

2. Os membros do xurado serán designados pola persoa titular da Dirección Xeral de Cultura e publicarase no prazo máximo de vinte (20) días desde a publicación desta orde na páxina web do CGAC (http://cgac.xunta.gal/).

Resolución do director xeral de Cultura pola que se designan as persoas membros do xurado para a concesión do VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea.

Por orde do 3 de abril de 2025 (DOG n°. 74 do 16 de abril) convócase o VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea así como as bases que regulan a súa concesión.

No artigo 13 da orde da convocatoria establécese a composición do xurado encargado de realizar a valoración do premio.

En virtude do anteriormente exposto e de conformidade co disposto no artigo 13.2 da Orde da convocatoria,

Resolvo:

Primeiro: Designar como membros do xurado encargado de realizar a valoración para a concesión do VIII premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea ás seguintes persoas:

Presidente: Santiago Olmo García, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

Vogais: - María Jesús Martinez Domínguez, comisaria independente e crítica de arte, Jacobo Bugarín Osorio, artista, produtor de exposicións e docente, María Marco Covelo, escritora, crítica de arte e comisaria. En 2019 recibiu o Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre arte contemporánea con “Tigres en magnolias. La magia como transformación en el arte contemporáneo”.

Secretaria: Elena Expósito García, coordinadora do departamento de publicacións do CGAC

RESOLUCIÓN

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade á concesión do VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre a arte contemporánea correspondente ao ano 2025.